O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Angola, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Angola, país que mestura unha relevante herdanza cultural africana co legado artístico e cultural portugués, ratificou a convención o 7 de novembro de 1991, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3] Angola conta dende o ano 2017 cun lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, Mbanza-Kongo, de carácter cultural.[4]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Angola
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Mbanza-Kongo[6] | Provincia de Zaire | 2017 | 1511; iii, iv (cultural) |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.