Patricia Clarkson

actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Patricia Clarkson
Remove ads

Patricia Davies Clarkson, nada en Nova Orleáns o 29 de decembro de 1959, é unha actriz estadounidense. Participou como protagonista e como secundaria en numerosos filmes, dende independentes ata producións dos grandes estudios. Entre os seus recoñecementos están unha candidatura ao Óscar, dúas aos Globos de Ouro, unha aos Tony, dous premios Emmy, dous premios da National Society of Film Critics e un British Independent Film Award.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Traxectoria

Clarkson naceu e creceu en Nova Orleáns, filla de Jackie Clarkson (de solteira Brechtel), política e concelleira, e Arthur "Buzz" Clarkson,[1] administrador escolar que traballaba na Escola de Medicina da Universidade Estatal de Luisiana.[2][3] Obtivo un grao en arte dramática da Universidade de Fordham antes de asistir á Escola Yale de Arte Dramático, onde se graduou en 1985 cun Master of Fine Arts.[4]

Debutou no cinema no filme sobre a mafia de Brian De Palma Os intocables de Eliot Ness (1987),[5] ao que seguiu un papel secundario en Harry o sucio na lista negra (1988), con Clint Eastwood. Tras aparecer en numerosos papeis pequenos a principios e mediados da década de 1990, recibiu a atención da crítica pola súa interpretación dunha actriz drogadicta no filme independente High Art (1998).[5] Clarkson continuou a aparecer en numerosos papeis secundarios en filmes como A milla verde (1999), The Pledge (2001) e Dogville (2003).

Recibiu o aplauso xeral da crítica polas súas interpretacións nos filmes The Station Agent, polo que recibiu unha candidatura ao premio do Sindicato de Actores, e Pieces of April, polo que foi candidata ao Globo de Ouro e ao Óscar á mellor actriz secundaria. Clarkson tamén apareceu como actriz recorrente na serie de HBO Six Feet Under entre 2002 e 2006,[6] e gañou dous premios Emmy pola súa interpretación.[7][8] Outros filmes nos que interveu na década de 2000 foron Good Night, and Good Luck (2005), Lars and the Real Girl (2007) e Elegy (2008).

En 2010, Clarkson tivo un papel secundario no suspense de Martin Scorsese Shutter Island,[9] seguido de papeis en comedias como Easy A (2010) e Friends with Benefits. Posteriormente interpretou a malvada Ava Paige en The Maze Runner (2014) e as súas dúas secuelas. Volveu ao teatro en 2014 para interpretar o papel de Madge Kendal na produción de Broadway de The Elephant Man, pola que foi candidata ao Tony á mellor actriz. En 2017 gañou un premio do Cinema Independente Británico como mellor actriz secundaria polo drama de Sally Potter The Party,[10] e interpreteou unha personaxe na serie de Netflix House of Cards. Coprotagonizou con Amy Adams a miniserie de HBO Sharp Objects en 2018, pola que gañou o Globo de Ouro.

Remove ads

Vida persoal

Como resposta á marea negra de Deepwater Horizon, Clarkson publicou un artigo para a revista do Natural Resources Defense Council OnEarth. Tamén publicou un anuncio falando sobre a súa experiencia crecendo en Nova Orleáns. Ambos os documentos foron publicados o 26 de xullo de 2010.[11]

Clarkson reside en Nova York.[8] En 2007, adquiriu un loft en Greenwich Village por 1,5 millóns de dólares.[12] Vendeuno por 2,5 millóns en novembro de 2018.[13]

Clarkson nunca casou e non ten fillos.[14] Nunha entrevista de 2016, declarou, "Nunca quixen casar, nunca quixen nenos... nacín sen ese xene".[15] Tres das catro irmás de Clarkson teñen fillos e ela é moi achegada aos seus sobriños e ás súas sobriñas.[16] Un dos seus sobriños, Mac Alsfeld,[17] é actor, guionista e director.[18]

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads