Partido da Terra

partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Partido da Terra

O Partido da Terra (PT) foi un partido político con sede en Galiza que se postulaba como partidario da democracia directa, da desprofesionalización da política, do decrecemento e da soberanía e a sostibilidade en todos os ámbitos.[1]

Datos rápidos Posicións políticas, Ideoloxía ...
Partido da Terra (PT)
Partido político de Galiza
Thumb
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia directa
Ecoloxía
Reintegracionismo
Na rede
http://www.partidodaterra.net/
Pechar

O Partido da Terra constituíuse en Santiago de Compostela a 25 de xullo de 2011 e foi rexistrado oficialmente no Ministerio do Interior nesa mesma semana. Internamente, organízase en forma de mancomunidade, integrando organizacións de ámbito parroquial ou comarcal autoxestionadas e completamente independentes nas súas decisións.[2]

Eleccións

Thumb
Papeleta de voto do Partido da Terra para as eleccións europeas de 2014. Versión usada en Cataluña.

O primeiro encontro electoral ao cal concorreu o PT foron as eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias, en marzo de 2012. Presentouse só no distrito electoral occidental, onde se sitúa a rexión galegófona do Eo-Navia.[3] Con apenas 18 votos, situouse como vixésima forza electoral a nivel do Principado, superando unicamente ao Partido Familia y Vida.[4] A nivel da circunscrición occidental foi a décimo cuarta.[5]

En outubro de 2012 presentouse ás eleccións ao parlamento de Galiza, nas cales obtivo 3.307 votos (0,22%), situándose como undécima forza dun total de 26 grupos que concorrían ás eleccións.

En maio de 2014 preséntase ás Eleccións ao Parlamento Europeo.[6] Para a elección da candidatura foron realizadas unhas primarias abertas a toda a poboación, onde calquera cidadán podía resultar elixido para formar parte da lista.[7] É a única forza de ámbito galego que presenta candidatura en solitario. Obtivo finalmente 9.940 votos no ámbito da circunscrición única estatal.[8]

Nas Eleccións Municipais de maio de 2015 só presentou candidatura propia no concello de Lousame, acadando a súa primeira acta de concelleira co 12,38% dos votos e situándose como terceira forza por detrás de PP e PSOE.[9] O Partido da Terra de Lousame estabeleceu quendas de rotación de catro meses para cada concelleira e renunciou a cobrar por participar nos plenos.[10]

Nas Eleccións xerais de España de 2015 as súas candidaturas nas catro circunscricións galegas obtiveron 3.026 votos ao Congreso dos Deputados e 10.128 votos ao Senado (dos que 7.083 se corresponden cos votos da candidata máis votada en cada circunscrición). Os candidatos máis votados ao Senado foron Heitor Rodal, con 2.761 sufraxios en Pontevedra, e Joám Evans Pim, con 2.390 sufraxios na Coruña.[11]

Nas Eleccións Municipais de maio de 2019 perde a súa única representación institucional, no concello de Lousame, tras ceder máis da metade dos seus votos. A partir deste momento a organización fica disolta de facto[12] e sen ningunha actividade, non presentando candidatura nos seguintes procesos electorais.

Lingua

O PT asumía como propia a lingua galega, a cal entendían como indistinta da lingua portuguesa, usando a ortografía do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa para escribila.[13] O Partido da Terra adoptou como denominacións adicionais o nome do partido traducido a todas as linguas faladas no territorio do Estado.[14] Desta maneira, son tamén denominacións aceptadas Partido de la Tierra (en castelán), Partit de la Terra (en catalán), Lurraren Alderdia (en éuscaro), Partíu de la Tierra (en asturleonés), Partito de la Tierra (en aragonés), Partit de la Tèrra (en occitano), Hizb al-Ardh (en árabe) e Akabar n Wakal (en bérber).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.