Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Reformista foi un partido político español de ideais republicanos, laicistas e anticaciquís, fundado o 7 de abril de 1912 por Melquíades Álvarez, despois dun memorable discurso pronunciado no Palacio de Industrias do Retiro de Madrid.[1] Nel militaron inicialmente figuras importantes da intelectualidade española da época, como Benito Pérez Galdós, Manuel Azaña, José Ortega y Gasset e Manuel García Morente e moitos outros relacionados coa Institución Libre de Enseñanza.[2] A maior base electoral do Partido Reformista situábase en Asturias, onde chegou a ter numerosos representantes nas institucións locais e provinciais. En 1923, Álvarez foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados, do que era membro por ser electo polo distrito de Castropol.[3]
Partido Reformista | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Laicismo, Republicanismo, reformismo e Partido Liberal Demócrata |
Data de fundación | 7 de abril de 1912 |
Data de disolución | 2 de maio de 1924 |
Sede | Madrid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fronte á proclamación da Ditadura de Primo de Rivera adoptou unha postura pasiva e ambigua, aínda que posteriormente participou en diversas conspiracións antiditatoriais.
Despois de proclamarse a Segunda República en 1931, o Partido Reformista cambiou o seu nome polo de Partido Republicano Liberal Demócrata.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.