From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Católico Tradicionalista, ou partido mellista, foi un partido político español fundado en 1919 por Juan Vázquez de Mella como resultado do seu enfrontamento con Xaime de Borbón,[1] pretendente e máximo dirixente do carlismo.
Partido Católico Tradicionalista | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Juan Vázquez de Mella |
Historia | |
Fundación | 1919 |
Disolución | 1931 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Tradicionalismo e mellismo |
A escisión no tradicionalismo entre partidarios e detractores de Mella produciuse trala publicación en El Correo Español (principal medio de difusión carlista) dunha mensaxe antixermanófila do pretendente, a pesar da oposición do entón director do xornal, Miguel Fernández Peñaflor.
Como resultado diso, Vázquez de Mella encabezou unha disidencia e fundou un tradicionalismo sen rei, aínda que ideoloxicamente indistinguible do carlismo. As figuras máis prestixiosas do carlismo pronunciáronse a prol de Vázquez de Mella. Ao abandonar toda pretensión dinástica, acentuou o seu carácter confesional católico e de patriotismo españolista, o que aumentaba as posibilidades de Vázquez de Mella como aglutinador das extremas dereitas.[2]
Na prensa, estableceuse unha loita polo control do órgano central de partido El Correo Español, que se saldou a favor de Xaime de Borbón. Vázquez de Mella expuxo a súa postura desde a tribuna acolledora de El Debate, e iniciou a publicación dunha Hoja Tradicionalista, que apareceu a mediados de marzo e publicouse sen periodicidade fixa nin indicación de data. Na primeira das Hojas Tradicionalistas, Mella consideraba ilusorio calquera levantamento contra o Exército, como o que os carlistas esperan, e propón os termos dunha nova alianza entre as forzas conservadoras e o exército «na loita contra o antimilitarismo e a desorde social».[2] Cando, o 16 de setembro de 1919, comeza a publicación de El Pensamiento Español, órgano da Comuñón ou Partido Tradicionalista, cuxos redactores foran expulsados en 1919 de El Correo Español, desapareceu a Hoja.[2]
O partido mellista apoiou a ditadura de Primo de Rivera e languideceu durante a mesma, especialmente trala morte de Vázquez de Mella. Segundo Josep Carles Clemente, os seus seguidores reintegráron en 1931 —os integristas faríano cara a 1932— no movemento carlista,[3] na Comuñón Tradicionalista.
A ideoloxía do partido baseábase na interpretación que facía Vázquez de Mella do tradicionalismo, e en particular propugnaba:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.