Remove ads
lugar da parroquia de Rebordondo, do concello de Monterrei From Wikipedia, the free encyclopedia
Paradiña é un lugar da parroquia de Rebordondo no concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. Ficou despoboada a comezos da década de 1990[1].
Paradiña | |
---|---|
Vista da aldea | |
Parroquia | Rebordondo |
Concello | Monterrei |
Coordenadas | 42°00′18″N 7°31′14″O |
Poboación | 0 hab. (2021) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A aldea está a 565 m sobre o nivel do mar, a carón do río Rubín, afluente do Búbal, que atravesa unha ponte dun só ollo do século XX. Pódese chegar desde a aldea de Infesta, río abaixo, ou desde Rebordondo.
O seu topónimo é un hodónimo relacionado coa súa situación, ao ser un lugar de paso. Até 1893 o lugar pertenceu á parroquia de Vilaza.
Na aldea hai unha capela dedicada a san Pacio, e nela celebrábase unha romaría. A aldea áchase nun progresivo estado de deterioración. Segundo a tradición oral, nunha das casas vivía a curandeira María do Arangaño, da que se dicía que curaba o arangaño coas augas dos regatos da zona[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.