Hodonimia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hodonimia

A hodonimia[1] (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da onomástica que se refire aos topónimos que consisten no nome da vía de comunicación, tanto natural coma artificial, que os caracteriza.

Thumb
Placa da rúa de Isabel Zendal na Coruña.
Thumb
Placa da rúa Juan Flórez
Thumb
Sinalización do Camiño de Santiago.

Hodónimos recoñecibles

Algúns topónimos referentes a construcións humanas poden considerarse tamén hodónimos, como Ponte e A Ponte, por exemplo. Deste nome derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.

Os nomes das rúas

Por hodonimia tamén se entende o estudo dos nomes que se dá ás rúas e calquera tipo de vía nos núcleos de poboación,[2] como avenidas, prazas, calellas, ruelas, paseos, bulevares, roldas, glorietas, e mesmo parques urbanos e xardíns públicos.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.