Papuxa carrasqueira

From Wikipedia, the free encyclopedia

Papuxa carrasqueira

A papuxa carrasqueira[1] (Curruca iberiae) é unha pequena papuxa da familia Sylviidae que se reproduce nas partes máis meridionais de Europa e noroeste de África. Papuxa carrasqueira foi un nome que tamén se lle dera antes en galego á especie Curruca cantillans (hoxe chamada papuxa balcánica) antes de que fose subdividida taxonomicamente.[2]

Máis información Clasificación científica ...
Papuxa carrasqueira

Macho en Monfragüe, Estremadura

Femia na Costa Brava, Cataluña
Femia na Costa Brava, Cataluña

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Curruca
Especie: Curruca iberiae
(Svensson, 2013)
Pechar

Igual que a maioría das especies de Curruca ten plumaxes diferentes en machos e femias. O macho adulto ten un dorso e cabeza cincentos, partes ventrais vermello ladrillo, e raias na meixela brancas ("bigotes"). A femia é principalmente marrón dorsalmente, con cabeza máis cincenta e ventre abrancazado con tons rosas. A canción da papuxa carrasqueira é rápida e repenicante, similar á da papuxa cincenta.

Esta ave parece estar relacionada coa superespecie Curruca melanocephalaCurruca mystacea. Todas as especies incluídas teñen áreas malares (nas meixelas) brancas, cabezas escuras na parte superior nos machos adultos e aneis oculares espidos. Estas tres especies están emparentadas cunha superespecie constituída pola Curruca ruppeli e a Curruca melanothorax, que tamén teñen a característica área malar branca e son anegradas na parte superior (Shirihai et al. 2001,[3] Jønsson & Fjeldså 2006 [4]). A papuxa carrasqueira na súa defiición orixinal (Sylvia cantillans) estaba dividida en dous distintos grupos de subespecies que posiblemente diverxeran o suficiente como para podelas clasificar como especies separadas (Shirihai et al. 2001).[3] Os dous grupos tiñan diferentes plumaxes no macho, proferían chamadas distintivas, e eran alopátricas; eran necesarios máis estudos, que finalmente desembocaron na súa división. En maio de 2020, a lista de aves do mundo da IOC incluía as poboacións do oeste na especie C. iberiae (á que se lle mantivo o nome en galego de papuxa carrasqueira) e as poboacións do leste na especie C. cantillans (papuxa balcánica).[5] Porén, HBW-BirdLife v6b considera o taxon da C. iberiae como subespecie de Curruca cantillans (C. c. iberiae).[2]

É unha ave de rexións abertas secas, a miúdo vive en ladeiras de outeiros, con arbustos para nidificar. Constrúen o niño en arbustos baixos ou toxos e poñen de 3 a 5 ovos. É insertívora, pero tamén come bagas.

Hábitat e ecoloxía

Esta especie prefire o mato heteroxéneo denso con árbores espalladas en áreas secas do Mediteráneo, especialmente as devesas de aciñeiras (Quercus ilex) e as dominadas por Arbutus unedo e Erica. Tamén se atopa frecuentemente en bosques de sobreiras novas (Quercus suber) e en áreas arbustivas densas sen árbores. Usa formacións arbustivas dominadas por silvas Rubus fruticosus en barrancos soleados e fondos de vales e prefire os estadios intermedios das sucesións ecolóxicas posteriores a un lume forestal. A reprodución ocorre de finais de marzo a finais de xuño e a especie é monógama. O macho constrúe varios niños pola súa conta, pero ambos os sexos constrúen o niño para a reprodución, que é unha copa robusta e profunda feita de herbas, raíces delgadas e follas e forrada de herbas finas, raicíñas e pelo. O niño sitúano nun arbusto baixo ou pequena árbore, a uns 30–130 cm do chan. A posta é de 3 a 5 ovos. A dieta consta principalmente de insectos e as súas larvas, pero fóra da estación reprodutora tamén comen bagas e outros froitos. A especie migra a longas distancias, pasando o inverno na Áfrca subsahariana (Aymí et al. 2015[6]). [7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.