Papuxa balcánica
paxaro pequeno da familia das papuxas From Wikipedia, the free encyclopedia
A papuxa balcánica[2](Curruca cantillans, antes Sylvia cantillans), tamén chamada papuxa paporrubia[3] (e papuxa carrasqueira,[4] pero este nome dáselle agora á Curruca iberiae), é un paxaro pequeno da familia das papuxas (Sylviidae) que cría no extremo sur de Europa e no norte de África.
Papuxa balcánica Sylvia cantillans | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Curruca cantillans (Pallas, 1764) |
Descrición
Son paxaros duns 12,5 cm de lonxitude. A plumaxe é distinta entre machos e femias. Nos machos o lombo e a cabeza son gris azulados, as ás e a cola de cor gris pardo, a barbadela, a gorxa e o peito son de cor avermellada. Ten un "bigote" branco. O ventre e os lados son brancos. A femia ten a cabeza máis gris, e acastañada por riba e abrancazada por debaixo. Ten un anel branco ó redor dos ollos, mentres que o macho o ten vermello.
Distribución e hábitat
Está presente como ave reprodutora nas áreas máis ó sur de Europa e no noroeste de África. Nos últimos tempos aparece cada vez con máis frecuencia como visitante en zonas centroeuropeas. É unha ave migratoria, que pasa os invernos ó longo da fronteira sur do deserto do Sáhara.
Vive preferentemente en ladeiras soleadas de outeiros con vexetación de tipo mediterráneo, espiñosa e mesta Comparte este biótopo con especies da mesma familia.
Reprodución

Crían entre abril e os primeiros días de xuño. Fan os niños entre o mato mesto, preto do chan. Constrúenos con pallas e cascas de romeu ou doutras plantas. As paredes exteriores cóbrenas con teas de araña. Poñen no fondo un forro de pelos de animais e peluxe de orixe vexetal . A posta componse de tres ou catro ovos averdesados con pencas mais escuras, que miden uns 16,5 × 12,9 mm e pesan 1,42 g.
Ámbolos dous pais chocan os ovos de 11 a 13 días, aínda que é a femia a que pasa máis tempo incubando. Os pitos nacen sen plumas e teñen a boca vermella coa beira amarela. Os dous proxenitores encárganse da alimentación. A femia protexe os polos do mal tempo e do sol abrindo as ás por riba deles. Pasan no niño 11 ou 12 días. Se a mai comeza unha segunda posta, o macho segue alimentando só ós fillos.
Alimentación
É insectívora, pero come tamén bagas.
Taxonomía
Parece estar relacionada coa papuxa de cabeza negra (Curruca melanocephala). Nas dúas especies os machos teñen bigotes brancos a parte superior da cabeza escura e aneis vermellos ó redor dos ollos.
Tradicionalmente dividíase en varias subespecies, se cadra diferenciadas dabondo para ser consideradas especies separadas, tal como aparecen en modernas clasificacións. Todas teñen plumaxe diferente, cantos diferentes e son alopátricas:
- Sylvia cantillans cantillans, que cría na Italia peninsular e do noroeste, en Sicilia, sur de Francia e Península Ibérica.
- Sylvia cantillans inornata, cría no noroeste de África.
- Sylvia cantillans albistriata, cría dende o nordeste de Italia e cara ó sueste ata ó sur de Turquía.
- Sylvia cantillans moltonii, endémica de Córsega, Sardeña e as illas Baleares.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.