Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O bigote[1], bigoteira[2] ou mostacho[3] é o conxunto de pelos faciais localizados entre o nariz e o beizo superior dos seres humanos. É máis abondoso e mesto nos homes. As mulleres teñen menos pelo, e adoitan depilalo ou tinguilo para que non se lles note. O bigote é, normalmente, moito máis fino que o mostacho, que é definido como un bigote groso.
Historicamente, pódese dicir que o bigote é un trazo facial que tende a identificar diferentes culturas. Na sociedade occidental, o bigote caeu en desuso nas últimas décadas ó ser substituído por unha crecente esixencia de limpeza visual. Nalgúns casos serve para agochar defectos na pel ou cicatrices, ou simplemente como adorno segundo a moda.
Os enormes bigotes que os pobos xermánicos acostumaban levar na Idade Media chamaban a atención dos habitantes da Península Ibérica, así como tamén os xuramentos que aqueles bárbaros proferían. Con inusitada frecuencia, os xermanos exclamaban "bei Gott" (por Deus en galego), que máis que un xuramento era unha mera interxección. Sen entender o que aquelas palabras significaban, os ibéricos comezaron a chamar "bigod" ós homes que levaban bigote até que, co tempo, a palabra mudou e pasou a designar ó apéndice labial. Pola súa banda, a palabra mostacho introduciuse en galego a través do termo francés "moustache".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.