Remove ads
diplomático e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante 23 anos, entre 1983 e 2006. Dende ese ano e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.
Estudou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. En 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade [1]. En febreiro de 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, foi elixido Secretario Xeral, e formou parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, e presentouse á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas. Como deputado no Parlamento de Galicia encabezou a oposición ao establecemento da capitalidade en Santiago propoñendo que A Coruña fose a sede das institucións autonómicas
En maio de 1983 gañou as eleccións locais na Coruña con maioría absoluta e foi elixido alcalde. Foi reelixido novamente con maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, sendo o único alcalde dunha cidade galega, ata Abel Caballero en Vigo no 2015, en rebasa-lo 50 % dos votos, o cal ocorreu nas convocatorias de 1987 a 1999. Ata 2019, cando Caballero se alzou cun 67 % dos votos e 20 concelleiros en Vigo, tivo os mellores rexistros nunha urbe galega cun 59 % e 18 concelleiros en 1991 e un 56 % e 17 concelleiros en 1999.
Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e ocupou o cargo de senador durante varias lexislaturas. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) entre 1991 e 1995 e novamente entre 2003 e 2006.
Do seu paso pola alcaldía da Coruña destacan:
Deixou a alcaldía o 10 de febreiro de 2006, cando o goberno español o nomeou embaixador no Vaticano[2], cargo que mantivo até abril de 2011.
De carácter conservador e constantemente enfrontado ao nacionalismo galego, mantivo sempre posturas de seu, independentes das oficiais do seu partido. Republicano e socialdemócrata, confésase católico practicante e respectuoso coa monarquía. Destacou pola súa longa batalla polo topónimo castelán da cidade e a súa feroz oposición ao uso oficial exclusivo do nome galego "A Coruña", en contra da Lei de Normalización Lingüística de Galicia.
Algunhas das súas decisións causaron polémica, en especial na súa última época á fronte de María Pita. Entre elas estiveron a derruba do asilo de Adelaida Muro, a instalación de amarres deportivos na dársena da Mariña, a concesión da farmacia de Durmideiras, as terrazas da praza de María Pita ou a instalación dunha bandeira española na Coraza do Orzán tras o desfile das Forzas Armadas de 2005, o que provocou o rexeitamento frontal do nacionalismo local.
Tamén reclamou a capitalidade da comunidade autónoma para A Coruña e mesmo unha diocese para a cidade, independente da compostelá.
Foi condecorado, entre outras,[3] con:
Predecesor: Joaquín López Menéndez |
Alcalde da Coruña 1983 – 2006 |
Sucesor: Javier Losada |
Predecesor: José Luis Rodríguez Pardo |
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE 1980 – 1982 |
Sucesor: Antonio Rodríguez Rodríguez |
Predecesor: Antolín Sánchez Presedo |
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE 1994 – 1998 |
Sucesor: Emilio Pérez Touriño |
Predecesor: Tomás Rodríguez Bolaños |
Presidente da FEMP 1991 – 1995 |
Sucesor: Rita Barberá |
Predecesor: Rita Barberá |
Presidente da FEMP 2003 – 2006 |
Sucesor: Heliodoro Gallego |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.