Francisco Javier Losada de Azpiazu, nado na Coruña en 1955, é un político galego. Foi alcalde da Coruña dende o 24 de marzo de 2006 ata o 11 de xuño de 2011.
Nome orixinal | (es) Francisco Javier Losada de Azpiazu |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de xullo de 1955 (69 anos) A Coruña, España |
Alcalde da Coruña | |
24 de marzo de 2006 – 11 de xuño de 2011 ← Francisco Vázquez Vázquez – Carlos Negreira → | |
Senador de España | |
2006 – | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
18 de novembro de 1997 – 17 de febreiro de 1999 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, médico |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Traxectoria
Médico de formación, é membro da executiva galega do PSdeG-PSOE. Formou parte da corporación municipal coruñesa dende o ano 1983 desenvolvendo diversos cargos, entre eles Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo e a Tenencia de Alcaldía.
Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 1997 foi elixido deputado para a 5.ª lexislatura (1997–2001), mais oficializou a súa baixa o 17 de febreiro de 1999, sendo substituído por Marisol Soneira Tajes.[1]
O 24 de marzo de 2006 sucedeu na alcaldía a Francisco Vázquez Vázquez, tras ser este designado embaixador no Vaticano. Tamén relevaría o excalde dos seu cargos no Senado e o comité executivo da FEMP[2].
Nas eleccións municipais do 2007 o PSdeG-PSOE obtivo 11 concelleiros, perdendo así a maioría absoluta. Desde entón Javier Losada liderou un goberno de coalición co BNG.
Nas eleccións de 2008 presentouse como senador, e foi elixido pola provincia da Coruña.
Nas eleccións municipais do 2011 o PSdeG-PSOE obtivo 8 concelleiros, 3 menos ca nas anteriores eleccións, e perdeu a alcaldía da Coruña ao obter a maioría absoluta o PPdeG, á fronte do que estaba o candidato Carlos Negreira. Ese mesmo ano 2011, nas eleccións xerais revalidou o mesmo resultado que obtivera no Senado e resultou de novo o representante socialista na Cámara Alta.
Javier Losada foi secretario xeral dos socialistas coruñeses durante doce anos, entre 1999 e 2011, así como membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE e do Comité Federal do PSOE.
Foi tamén membro fundador da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e ocupou a presidencia de distintos organismos como a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña EMALCSA, o Consorcio para la Promoción de la Música o o Consorcio de Turismo.
Dende xuño do ano 2018, coa chegada de Pedro Sánchez ao goberno, converteuse en Delegado do Goberno en Galicia,[3] cargo que deixou en 2021 cando foi substituído por José Miñones. En 2023, foi nomeado membro do Consello de Estado.[4]
Predecesor: Francisco Vázquez Vázquez |
Alcalde da Coruña 2006 – 2011 |
Sucesor: Carlos Negreira |
Predecesor: Santiago Villanueva Álvarez |
Delegado do goberno en Galicia 2018 - 2021 |
Sucesor: José Miñones Conde |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.