futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Trigueros Estrada, nado en Herreruela de Oropesa o 4 de abril de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa central no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.
Pablo Trigueros | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pablo Trigueros Estrada | ||
Nacemento | 4 de abril de 1993 (31 anos) | ||
Lugar de nacemento | Herreruela de Oropesa | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Gimnàstic de Tarragona | ||
Número | 2 | ||
Carreira xuvenil | |||
Atlético de Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2015 | Atlético de Madrid C | 39 | (3) |
2013–2014 | Atlético de Madrid B | 9 | (0) |
2015–2017 | Arandina | 49 | (4) |
2017–2018 | Rápido de Bouzas | 36 | (4) |
2018–2020 | Ponferradina | 67 | (2) |
2021–2022 | Deportivo da Coruña | 8 | (0) |
2022–2023 | Cultural Leonesa | 31 | (2) |
2023– | Gimnàstic de Tarragona | 9 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
É curmán do centrocampista do Villarreal, Manu Trigueros.[1]
Naceu nunha familia de futbolistas, pois seu pai, Julio Trigueros, militou varios anos en equipos da Segunda División B, ao igual que o seu tío José Antonio; mentres que outro dos seus tíos, Manuel, xogou na Segunda División co Atlético Marileño e o Granada. Ademais o seu curmán Manu Trigueros é xogador do Villarreal.[2]
Pasou polas filas do equipo xuvenil do Atlético de Madrid, antes de chegar na tempada 2012/13 ao Atlético de Madrid C, da Terceira División. Durante as seguintes dúas tempadas alternou o C co Atlético de Madrid B, da Segunda B.
Nas tempadas 2015/16 e 2016/17 xogou nas filas da Arandina CF, onde se fixo coa titularidade. Na tempada 2017/18 fichou polo Rápido de Bouzas, que iniciaba a primeira campaña na Segunda B da súa historia. Titular indiscutible, foi o xogador de campo con máis minutos esa tempada no equipo adestrado por Borja Jiménez, que acabou sendo a revelación do Grupo I, no que quedou a tan só 2 puntos da promoción de ascenso a Segunda División.[3][4]
Na tempada 2018/19 asinou pola Ponferradina, adestrada por Bolo. Foi titular durante case toda a tempada, facendo parella de centrais con Zabaco, e conseguiu o ascenso á Segunda División, despois de derrotar na fase de promoción a Cornellà, Cartagena e Hércules. Na seguinte tempada disputou 32 encontros coa Ponferradina na Segunda División e marcou un gol contra o Cádiz no Ramón de Carranza.[5]
O 1 de outubro de 2020 fíxose oficial a súa incorporación ao CD Mirandés, tamén da categoría de prata, por unha tempada.[6] Con todo, disputou só 18 partidos no equipo de José Alberto, que preferiu aos centrais Berrocal e Vivian.
O 6 de xullo de 2021, despois de rematar o seu contrato co club burgalés, asinou polo Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[7] Debutou co club galego na vitoria por 0-1 da segunda xornada fronte ao Tudelano no Ciudad de Tudela.[8] Con todo, foi un dos xogadores menos utilizados polo adestrador Borja Jiménez, participando só en oito partidos de liga e dous de Copa do Rei.[9] Ao remate da tempada o seu contrato non foi renovado e puxo rumbo a Castela e León, onde asinou como novo xogador da Cultural Leonesa.[10]
Disputou un total de 31 partidos no club leonés, marcando 2 goles. En 2023 fichou polo Gimnàstic de Tarragona, da mesma categoría.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.