Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As expresións Primeiro Mundo, Segundo Mundo e Terceiro Mundo, aínda que subxectivas, utilízanse para dividir as nacións en tres categorías. A expresión Terceiro Mundo foi cuñada polo economista francés Alfred Sauvy en 1952, nun artigo da revista L'Observateur, mostrando un paralelismo coa expresión francesa Terceiro Estado (tiers état), para designar os países que durante o período da guerra fría, non pertencían nin ao bloque occidental (Estados Unidos, Europa Occidental, Australia etc.), nin ao bloque comunista (Unión Soviética, China, Europa Oriental etc.).[1] Estes países serían tamén coñecidos como o bloque dos non aliñados, hoxe constituídos como Non-Aligment-Movement.[2]
Non obstante, na actualidade, este termo utilízase para diferenciar os países segundo o seu Índice de desenvolvemento humano (estabelecido polas Nacións Unidas), independentemente do seu status político. Os propios termos First, Second, Third e Fourth World (Primeiro, Segundo, Terceiro Mundo e Cuarto Mundo) foron empregados pola ONU a mediados do século XX.[3] Os estados do terceiro mundo non son estados industrializados nin avanzados tecnoloxicamente en comparación cos estados membros da OCDE; polo tanto, a miúdo se utiliza como sinónimo o termo países en vías de desenvolvemento ou países subdesenvolvidos. Algúns estados son caracterizados así pola súa alta taxa de analfabetismo e as súas deficiencias económicas e políticas. As características comúns dos países do Terceiro Mundo adoitan ser unha base económica agrícola, unha economía endebedada cos países economicamente máis poderosos e unha escasa infraestrutura.[4][5]
Dado que a expresión Terceiro Mundo adquiriu un carácter derrogatorio e connotacións pexorativas, as Nacións Unidas e outras institucións internacionais, prefiren outros termos como Sur global, países en vías de desenvolvemento e países menos desenvolvidos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.