From Wikipedia, the free encyclopedia
O ostinato (termo que provén do italiano e quere dicir "obstinado") é unha técnica de composición consistente nunha sucesión de compases compostos cunha secuencia de notas das que unha ou varias se repiten exactamente en cada compás. De aí o nome en italiano, que significa "obstinación, empeño en repetir o mesmo".[1]
É un efecto moi relacionado co pedal, difenrenciándose en que o pedal é unha soa nota a que se repite ou mantén, mentres que no ostinato é unha frase a repetida. Ó igual que o pedal, o ostinato atópase normalmente no baixo, aínda que pode facelo en calquera outra voz.[1]
O ostinato pode ser melódico, rítmico ou afectar a calquera parámetro sonoro, aínda que na súa versión máis sinxela é unha mera repetición. Pode ser:[1]
Existe tamén a posibilidade de construór ostinati que vaian variando lixeiramente (os cambios ou variacións do orixinal non poden ser drásticos, porque deixaría de ser un ostinato e escoitaríase como outra cousa). En xeral, o patrón debe ficar identificable.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.