A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
O que aparece no DRAG son maioritariamente expresións monolexicais para grupos supraespecíficos, tanto cultismos (amanita, cantarelo, lepiota, penicilio, volvaria e asperxilo), como máis patrimoniais (boleto, cacabina, champiñón, peido de lobo ou fungón e trufa), como un sinónimo de cada tipo (agárico ou cogorda).
Respecto ós fungos patóxenos que non crean cogomelos, están representados especialmente os que atacan a viña e os cereais: a mera; o oídio; o mildio; o borro; a potra; o cisco, morrión ou mourón; e o caruncho, cornizó ou dentón.
Nos outros repertorios non académicos, están entre outras moitas as seguintes locucións:
corno dos mortos (DGII, s. v. corno) para Craterellus sp.
dente de can (DE, s. v. dente) para o cornizó, Claviceps purpurea
hernia da col (DGII, s. v. hernia) para Plasmodiophora brassicae
O nome popular galego da Helvella monachela, Helvella sulcata e maila Helvella crispa é orello, a Sascosphaera coronaria é chamada cunco, e as Morchellas, son as pantorras. Este refrán fai referencia a que xa dende antigo se sabía no rural que a primeira auga destes cogomelos debíase tirar, xa que son tóxicos cando crus. Extraído de http://www.valdeorras.com/micologiaArquivado 17 de outubro de 2008 en Wayback Machine.