From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Gaiteiros de Soutelo foi un grupo musical de Soutelo de Montes activo entre 1919 e 1936, dos primeiros cuartetos de gaitas, que supuxeron unha revolución estética e musical.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
Os gaiteiros de Soutelo | |
---|---|
Orixe | Soutelo de Montes, Galicia |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Membros | Avelino Cachafeiro Castor Cachafeiro Bautista Cachafeiro Fermín Cachafeiro |
Na rede | |
O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo infrecuentemente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925.
Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro.
Cara a 1928 gravaron para a compañía Regal as seguintes pezas:
Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Camilo Díaz.
Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo e o Brasil, ata que o comezo da guerra civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
Bautista morrera no 1933, Castor emigrou a Venezuela, onde ensinou a tocar na Escola de Gaitas da Irmandade Galega de Caracas e Avelino, cuxo único fillo morreu ao nacer, deixou de tocar a gaita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.