especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia
A ortiga morta[1] ou lamio maculado [cult.][1] (Lamium maculatum) é unha especie de fanerógama pertencente á familia das Lamiáceas, nativa de toda Europa e Asia temperada (Líbano, Siria, Turquía) que crece nunha variedade de hábitats, desde pasteiros abertos a bosques, xeralmente en solos húmidos e fértiles. Ten presenza en Galiza onde tamén recibe o nome vulgar de chuchamel[2][3] (coas variantes chupamel[3] ou zugamel[4]) polo feito de que ao chuchar as flores saben a mel.
Ortiga morta | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lamium maculatum L. 1763 |
O Lamium maculatum é unha planta herbácea rastreira e perenne.[5] É unha especie que pode variar en termos de tamaño e forma das follas, vilosidade e cores. Acada os 20 centímetros de alto. Ten talos erectos, ocos e pubescentes, só ramificados na base. As follas laminares cunha peluxe lene acadan os 20 cm de longo. As follas, que son semellantes ás da ortiga[2], teñen unha especie de pintas (de aí o nome latino: maculatum), e atópanse unidas ao talo con longos pecíolos duns 2-4 centímetros. A forma das follas varía dende ovalado-triangular á forma de corazón. A inflorescencia está constituída por de dúas a oito flores hermafroditas duns 20–30 millimetres (0,79–1,18 in) de longo. As flores fórmanse nas axilas das follas dos pares de follas superiores. Os labios superiores das flores teñen forma de casco, normalmente de cor rosa ou púrpura, mentres que os bilobatos inferiores son de cor abrancazada con puntos de cor púrpura. Os estames localízanse no labio superior e teñen pole alaranxado. Florea de abril a novembro.
Medra nunha variedade de hábitats dende prados abertos a fragas, xeralmente en solos húmidos e fértiles, nunha altitude de 1200 metros sobre o nivel do mar.
Lamium maculatum valórase coma planta ornamental cobertora en lugares frescos e sombrizos. Axiña coloniza as áreas, podendo chegar a ser invasiva. Téñense desenvolvido, especialmente en Inglaterra, numerosos cultivares, principalmente de follas variegadas, incluíndo:[5]
Zugos, zugameles, zugamel, zogón, xugamel, urtiga mansa, té, setembriña, rosa do mel, planta de chupar, patas de cuco, ortigón, ortigas dulces, ortiga morta, ortiga mansa, ortiga branca, mentraste, menta, meleiros, meldrasco, mel de cuco, mel, maravallo, mamelos, herba salgueira, herba do galo, herba do abellón, herba de mel, herba das abellas, flor do mel, flor de mel, chupós, chupos, chupóns, chupones, chupois, chupoes, chupetes, chupelos, chupelas, chupas chupas, chupas, chupamiel, chupamelos, chupameles, chupamel, chupameis, chupachupas, chuchos, chuchamelos, chuchameles, chuchamel, capóns, cabrinfollo, cabrinfolla, bremantes e amileiras.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.