artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O estado de Alasca, xunto co estado de Luisiana que se divide en parroquias, son os únicos estados dos Estados Unidos, que non están divididos en condados, senón que se divide en boroughs. A maioría das cidades máis poboadas de Alasca forman parte dalgún dos dezaseis boroughs organizados, e que funcionan de xeito similar aos condados dos outros estados. Con todo, a diferenza do que ocorre nos outros estados, os boroughs organizados non cobren a totalidade da superficie de Alasca e o resto do estado é coñecido como o borough non organizado.
Para completar o censo de 1970, a Oficina do Censo dos Estados Unidos, en cooperación co estado de Alasca, dividiu a gran porción denominada borough non organizado nun total de once áreas censais, cada unha delas correspondía a un distrito electoral. Con todo estás áreas foron definidas unicamente con fins de análise estatística e non posúen representación administrativa propia. A oficina do censo trata aos boroughs organizados e ás áreas censais de forma equivalente ao nivel dos condados dos outros estados.
Algunhas zonas do borough non organizado recibe certos servizos públicos directamente do goberno do estado de Alasca, polo xeral están relacionados coas forzas da lei e financiamento para educación.
En Alasca existen cinco cidades-borough consolidada, que son similares ás cidade-condado consolidada dos outros estados. Son as cidades e borough de Juneau, Haines, Sitka, Yakutat, así como a cidade máis grande do estado, Anchorage. Aínda que o seu nome legal é o de Municipalidade de Anchorage, a lei estatal deulle consideración de cidade-borough.
O código de estandarización federal de proceso de información (no orixinal inglés Federal Information Processing Standard (FIPS)), que é usado para identificar de forma única aos estados e condados, proporcionando un único código para cada un deles, asignou a Alasca o código 02.[1] Desta forma combínase co código de calquera condado, neste caso borough organizado ou área censal, para obter un único código, na forma 02XXX. O código FIPS enlaza cos datos almacenados de cada condado.
A continuación se listan os boroughs organizados nunha primeira lista, seguidos das áreas censais do borough non organizado.
Borough organizado | Código FIPS[2] | Sede do Borough[3] | Data de Fundación[3] | Etimoloxía | Poboación[4] | Área[4] | Mapa |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Aleutianas Orientais | 013 | Sand Point | 1987 | Zona leste das Illas Aleutianas. | 2.697 hab. | 38.881 km2 | |
Anchorage | 020 | Anchorage (cidade e borough) |
1986 | Deriva do gran número de buques que atracaban para carga e descarga. Anchorage en inglés significa "Ancladero". | 275.043 | 5.079 km2 | |
Baía de Bristol | 060 | Naknek | 1962 | Provén da Baía de Bristol, ao oeste do Mar de Bering. | 1.258 hab. | 2.300 km2 | |
Denali | 068 | Healy | 1990 | Do monte Denali, rebautizado en 1896 como Monte McKinley en honra ao presidente estadounidense. Coñecido polos indíxenas como Denali, que significa "o grande", é o pico máis alto de norteamérica. | 1.893 | 33.087 km2 | |
Fairbanks North Star | 090 | Fairbanks | 1964 | Pola poboación de Fairbanks e pola Estrela Polar ou a Estrela do Norte (North Star). | 85.930 hab. | 19.280 km2 | |
Haines | 100 | Haines (cidade e borough) |
1968 | Pola poboación, que á súa vez é na honra da "Srta. F.E. Haines" | 2.392 hab. | 6.071 km2 | |
Borough de Juneau | 110 | Juneau (cidade e borough) |
1970 | Polo cofundador da cidade, Joseph Juneau. A actual cidade e borough é causa da fusión das anteriores cidades e boroughs de Juneau e Douglas. | 30.711 hab. | 3.255 km2 | |
Península de Kenai | 122 | Soldotna | 1964 | Por Kenayskaya, nome en ruso que recibía a enseada de Cook no Golfo de Alasca. | 49.700 hab. | 41.473 km2 | |
Ketchikan Gateway | 130 | Ketchikan | 1963 | Pola poboación e por ser porta de entrada (Gateway) na fronteira entre Alasca e o Canadá. | 14.070 hab. | 4.543 km2 | |
Illa Kodiak | 150 | Kodiak | 1963 | Pola Illa de Kodiak, que podería vir de "Koniagmiut" ou "Koniag". | 13.913 hab. | 31.142 km2 | |
Lake and Peninsula | 164 | King Salmon | 1989 | No territorio do Borough se encontran moitos lagos e a península de Alasca. | 1.823 hab. | 80.049 km2 | |
Matanuska-Susitna | 170 | Palmer | 1964 | Territorio integrado polo Val Mat-Su, formado polos ríos Matanuska e Susitna. | 59.322 hab. | 65.423 km2 | |
North Slope | 185 | Barrow | 1972 | Cara norte (north slope en inglés) dos Montes Brooks de Alasca. | 7.385 hab. | 245.435 km2 | |
Northwest Arctic | 185 | Kotzebue | 1986 | Área xeográfica que ocupa, o noroeste ártico (nortwest artic en inglés). | 7.208 hab. | 105.573 km2 | |
Sitka | 220 | Sitka (cidade e borough) |
1971 | Deriva do Shee At'iká en lingua Tlingit, que significa "a xente de fora de Shee (illa de Baranof)." | 8.986 hab. | 32.276 km2 | |
Yakutat | 282 | Yakutat (cidade e borough) |
1992 | Deriva dos nativos Yakutat de Alasca e a baía homónima. | 808 hab. | 267 km2 |
O borough non organizado é a parte do estado de Alasca que non está comprendido en ningún dos dezaseis boroughs organizados.
Abarca máis da metade da área de Alasca, un total de 970.500 km², unha superficie maior que a de Francia e Alemaña xuntas, aínda que ocupados por só 81.803 habitantes, un 13% da poboación do estado.
A Oficina do Censo dos Estados Unidos dividiu o borough non organizado en once áreas censais, estas divisións só afectan en termos estatísticos, non administrativos, xa que as áreas censais non teñen un administracións propias que as representen. A Oficina do Censo considera ás áreas censais no mesmo nivel que os borough organizados ou os condados dos outros estados.
Área censal | Código FIPS | Localidade máis poboada (en 2000) | Etimoloxía | Poboación | Área | Mapa |
---|---|---|---|---|---|---|
Área censal de Aleutians West | 016 | Unalaska | Localizada ao oeste das Illas Aleutianas. | 5.465 hab. | 36.563 km2 | |
Área censal de Bethel | 050 | Bethel | Pola poboación de Bethel, o asentamento máis grande na área censal. | 16.006 hab. | 117.865 km2 | |
Área censal de Dillingham | 070 | Dillingham | Pola poboación de Dillingham, o maior asentamento da área censal. A cal recibiu o seu nome polo Senador Paul Dillingham, que recorreu extensamente Alasca en 1903. | 4.922 hab. | 54,203 km2 | |
Área censal de Nome | 180 | Nome | Pola poboación de Nome, o asentamento máis grande na área censal. | 9.196 hab. | 73.253 km2 | |
Área censal de Prince of Wales-Outer Ketchikan | 201 | Craig | Pola Illa Prince of Wales e a poboación de Ketchikan | 6.146 hab. | 32.908 km2 | |
Área censal de Hoonah–Angoon | 232 | Skagway | Polas poboaciones de Skagway, Hoonah e Angoon. | 3.436 hab. | 29.466 km2 | |
Área censal de Southeast Fairbanks | 240 | Tok | A súa localización é o sueste de Fairbanks | 6.174 hab. | 64.908 km2 | |
Área censal de Valdez-Cordova | 261 | Valdez | Polas poboaciones de Valdez e Cordova | 10.915 hab. | 88.886 km2 | |
Área censal de Wade Hampton | 270 | Hooper Bay | Na honra de Wade Hampton III (1818-1902), un líder da cabalería confederada durante a Guerra de Secesión | 7.028 hab. | 50.942 km2 | |
Área censal de Petersburg | 280 | Petersburg | Polas poboaciones de Wrangell e Petersburg, os asentamentos máis grandes na área censal. | 6.684 hab. | 23.364 km2 | |
Área censal de Yukon-Koyukuk | 290 | Galena | Polo Río Yukon ("gran río" en Gwich’in) e a poboación de Koyukuk | 6.551 hab. | 382.912 km2 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.