From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un gran número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.[Nota 1]
Organización Mundial do Comercio | |
---|---|
Acrónimo | OMC, OMC e WTO |
Tipo | organización internacional |
Campo de traballo | trade regulation |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1995 e 1995 |
Presidente/a | Ngozi Okonjo-Iweala (2021-) |
Nº de membros | 164 |
Nº de empregados | 640 (2018) |
Orzamento | 197200000 Franco suízos |
Organización subsidiaria | WTO General Council |
Sede | Centre William Rappard e Xenebra |
País | Suíza |
46°07′N 6°05′L | |
Na rede | |
https://wto.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.[1][2]
O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos.[3] Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003)[4] provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.
En agosto de 1942, os Estados Unidos convidaron os seus aliados na guerra a iniciar negociacións a fin de crearen un acordo bipolar para a redución recíproca das tarifas de comercio de bens. Para realizar este obxectivo, tentouse crear a Organización Internacional do Comércio (en inglés, International Trade Organization - ITO). Iniciouse un comité preparatorio en febreiro de 1946, que traballou ata novembro de 1947. En marzo de 1943, as negociacións sobre a Carta da Organización Internacional do Comercio non se completaran con éxito na Habana. Esta Carta tentaba establecer efectivamente a OIC e designar as principais regras para o comercio internacional e outros assuntos económicos. A Carta nunca entrou en vigor; foi enviada varias veces ao Congreso dos Estados Unidos que nunca a aprobou.
En febreiro de 1946 alcanzouse un acordo, o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT). Finalmente, o 29 de novembro de 1949, 148 países asinaron o “Protocolo de Provisión de Aplicación do Acordo Xeral de Tarifas e Comercio” co obxectivo de evitar a onda proteccionista que marcou os anos 40. Nesa época os países tomaron unha serie de medidas para protexeren os produtos nacionais e evitaren a entrada de produtos doutros países, como por medio de baixos impostos para a exportación.
Na ausencia dunha organización internacional real para o comercio, o GATT supriu esa demanda, como unha institución provisional. O GATT foi o único instrumento multilateral a tratar do comercio internacional de 1947 ata 1994. A pesar das tentativas de se crear algún mecanismo institucionalizado para tratar do comercio internacional, o GATT continuou a operar durante case medio século como un mecanismo semiinstitucionalizado.
Tras unha serie de negociacións frustradas, na Ronda do Uruguai creouse a OMC, de carácter permanente, substituíndo o GATT. Cómpre salientar que calquera dos seus membros pode retirarse dela, despois do transcurso de seis meses da súa comunicación, a través de correspondencia destinada ao diretor-xeral da organización.
A OMC entrou en funcionamento o 1 de xaneiro de 1995.[5] A súa sede localízase en Xenebra, Suíza.
Os membros da OMC son obrigados a concederse entre si o estatuto de nación máis favorecida.
No final dos anos 90, a OMC transformouse no albo principal dos protestas do movemento anti-globalización.
A OMC agrupa 164 membros e 22 gobernos observadores.[6][7] Liberia converteuse no membro 163 o 14 de xullo de 2016 e Afganistán no 164 o 29 de xullo de 2016.[8][9] Ademais dos estados, a Unión Europea e cada un dos países que a compoñen son membros de dereito.[10]
Os membros da OMC non teñen que ser estados completamente independentes, senón que abonda que sexan territorios aduaneiros con total autonomía en canto ás súas relacións comerciais exteriores. Así, Hong Kong é membro dende 1995 (dende 1997 como "Hong Kong, China"), antes da China, que se uniu en 2001 tras 15 anos de negociacións. A República da China (Taiwán) ingresou en 2002 como "Territorios aduaneiros separados de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu", a pesar do seu status.[11] A secretaría da OMC omite os títulos oficiais dos membros da misión permanente deste territorio na OMC, excepto os de representante permanente e vicerrepresentante permanente.[12]
A sede da OMC está localizada en Xenebra (Suíza).[Nota 2] O órgano superior é a Conferencia Ministerial, que se reúne periodicamente. O principal órgano permanente é o Consello Xeral, no que están representados todos os membros. Del dependen numerosos Consellos e Comités. A Secretaría conta cuns 640 funcionarios, encabezados polo Director Xeral. Dende 2013 o titular deste posto é o brasileiro Roberto Azevedo. A OMC tivo en 2011 un orzamento de 196 millones de francos suízos.
A OMC administra 160 acuerdos.[13]
O sistema organizado na OMC impón a todos os seus membros a adhesión á totalidade dos seus acordos, e os países non poden optar por aceptar só algúns.[Nota 3] Isto explica a enorme complexidade das negociacións sobre a súa modificación, porque involucran forzosamente todos os acirdos. As vantaxes que cada país obtén ou os prexuízos que sofre poden compensarse en temas diferentes, e a negociación ten que buscar un consenso xeral con equilibrios de extrema complexidade.
O procedemento para o nomeamento do director xeral foi publicado en xaneiro de 2003.[14] Ademais, en 2013, había catro subdirectores xerais: Yi Xiaozhun da China, Karl-Ernst Brauner de Alemaña, Yonov Frederick Agah de Nixeria e David Shark dos Estados Unidos.[15]
Fonte: Páxina oficial[16]
(Xefes da organización predecesora, GATT):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.