Ordoño Vermúdez

nobre galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Ordoño Vermúdez (fl. 10011042) foi un dos fillos que tivo fóra do matrimonio o rei Vermudo II. Aínda que non se coñece o nome da súa nai, probablemente foi membro da nobreza galega como suxire un documento do mosteiro de Samos, onde os seus descendentes e os da familia Vela-Ovéquiz compartían unha herdanza común baseada nunha liña consaguinitatis (liñaxe).[1]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaOrdoño Vermúdez
Nome orixinal(gl) Ordonho Bermudes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor en Wikidata
Morte1042 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFronilde Peláez Editar o valor en Wikidata
FillosXimena Ordóñez, Sancho Ordóñez Editar o valor en Wikidata
PaiVermudo II Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso V o Nobre
Cristina Vermúdez Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bermúdez_de_León-1
Pechar

Traxectoria

Membro relevante da curia regis ata polo menos 1032, Ordoño aparece por primeira vez na documentación medieval en 1001 cando actuou como testemuña nun litixio xudicial entre os condes Rodrigo Romániz e Ximena Ximénez. Comezou a confirmar cartas reais en 1024 como mordomo maior do seu irmán, o rei Afonso V. Trala morte do rei en Viseu en 1028, Ordoño aparece en 1029 exercendo a mesma función na corte do seu sobriño, o rei Vermudo III.[1]

Matrimonio e descendencia

Ordoño casou con Fronilde Páez, filla do conde rebelde Paio Rodríguez e con Gotina Fernández de Cea, filla de Fernando Vermúdez de Cea.[1] Este matrimonio deu lugar á estirpe dos Ordóñez, unha das máis importantes da Galiza medieval. No ano 1042, Ordoño e Fronilde fixeron unha doazón ao mosteiro de Santa María Virxe en León, acompañados dos nenos que aínda vivían nesa data que confirmaron a carta como: Ueremundo Ordoniz, Sanctio Ordoniz et Fredenando Ordoniz et Xemena Ordoniz. Os sete fillos que naceron deste matrimonio foron:[1]

  • Vermudo Ordóñez, que casou con Sancha Ériz.
  • Afonso Ordóñez (morto antes de 1042), conde.
  • Paio Ordóñez (morto antes de 1042), casado con Corexia coa que tivo unha filla, Mariña Páez que se fixo monxa.
  • Sancho Ordóñez (morto c. 1080), conde, casado con Onecca Ovéquiz, filla de Oveco Vermúdez e da súa muller Elvira Suárez. Tiveron varios fillos, entre eles o conde Oveco Sánchez e Fronilde Sánchez, esta última casada co conde Nuño Velázquez, pais de varios fillos, entre eles o conde Afonso Núñez.
  • Fernando Ordóñez (morto c. 1059), marido de Fronilde Gutiérrez, filla do conde Goterre Afonso.
  • Oveco Ordóñez (morto antes de 1042).
  • Ximena Ordóñez (morta antes de 1074), foi a primeira muller de Muño Rodríguez, fillo do conde Rodrigo Romániz e da condesa Elvira Rodríguez. Tras a morte de Elvira, Muño casou con Ilduara Velázquez.[2]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.