Os opistobranquios son un amplo e diverso grupo de gasterópodos mariños especializados. Foron previamente clasificados como Opisthobranchia dentro de Heterobranchia mais xa non se consideran un grupo monofilético[2]. Actualmente, Euopisthobranchia é a colección de revisada de opistobranquios que si é monofilética, mais a cal non contén xa algúns dos tradicionais opistobranquios[3].
Opisthobranchia Rango fósil: Carbonífero-Actualidade[1] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aegires minor | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Grupos incluídos | |||||||||
clado Cephalaspidea |
Os Opisthobranchia inclúen a especies da orde Cephalaspidea, Sacoglossa, Aplysiomorpha, Gymnosomata e moitas familias de Nudibranchia[2].
Opistobranquio significa branquia atrás do corazón. Pola contra, Prosobranquio significa branquias na fronte (do corazón). Os opistobranquios caracterízanse por dous pares de tentáculos e unha única branquia por detrás e a dereita do corazón.
Hai fósiles de opistobranquios recollidos desde o Carbonífero[4]
Descrición
A redución ou perda da cuncha, o elaborado das cabezas, os pés ou os mantos e a adquisición de defensas químicas son tendencias evolutivas que se aprecian en case todos os taxons de opistobranquios[5].
Os opistobranquios teñen sufrido unha detorsión, unha inversión evolutiva da metade da torsión característica na historia evolutiva previa dos gasterópodos. O resultante desta detorsión é que o ganglio visceral non se superpón e defínese como eutineuro. En contraposición está o estreptoneuro, común en gasterópodos, no que si os ganglios forman un xiro diferente dentro do corpo do animal.
Non hai unha distinción marcada entre a cabeza e o manto. Os tentáculos están situados cerca da cabeza e úsanse para a orientación. Detrás destes están os rinóforos, órganos olfactorios de, habitualmente, complexas formas. A única parte do pé é a central e úsase para locomoción. Os laterais dos pés evolucionaron a parapodios, excrecencias brandas. En varios subordes, como Thecosomata e Gymnosomata, os parápodos úsanse para moverse nunha forma de locomoción natatoria.
Teñen ocelos, ollos sinxelos, cunha lente e córnea capaces de detectar a luz e o paso de sombras mais non de obter imaxes coherentes[6]
Alimentación
Hai opistobranquios herbívoros, detritívoros e carnívoros. Ao seren lentos, os carnívoros cazan presas sedentarias. Comen os biozoos, os Cnidarios e as esponxas (das que absorben toxinas para defensa propia). Os opistobranquios poden ter zooxantelas das súas presas os corais e usalos como produtos metabólicos para eles mesmos. Algúns herbívoros fan o mesmo cos cloroplastos das algas das que se alimentan[7].
Reprodución
Os opistobranquios son hermafroditas e teñen estratexias reprodutoras complexas, que habitualmente implican a transferencia dun a outro de esperma e o seu almacenamento ata que os ovos están listos para a fertilización[8] Os ovos acostúmanse poñer en bandas, cintas, que varían en estrutura. As cintas de ovos son características de cada especie e nalgúns casos só a identificación da especie que os depositou permite identificar os ovos[9].
Comunicacións
Empregan comunicación química para puntos do seu ciclo vital. As larvas planctónicas flotan ata que as feromonas as alertan de que están nunha contorna axeitada para o seu asentamento. Nalgúns casos atrasan a súa metamorfose ata que detectan feromonas das súas presas. Nos momentos de reprodución existe comunicación química para atraer parellas.
Defensa
Os opistobranquios son, basicamente, invertebrados mariños con corpos brandos e cunha reducida ou ausente cuncha e sen opérculos co que as técnicas de protección destes baséanse noutras técnicas. Grazas a combinación de destacados camuflaxes e a unha agresiva toxicidade teñen poucos predadores. Con todo, algúns opistobranquis empregan as coloracións de advertencia. Os predadores dos opistobranquios son outros opistobranquios e predadores resistentes a toxinas, como as arañas de mar.
Os opistobranquios segregan produtos irritantes como ácidos fortes ou toxinas acumuladas coa dieta. As Aeolidioidea absorben o contido das células con toxina doscnidarios, presas destes, e empregas esas toxinas para a súa propia defensa[10][11].
Ecoloxía
Opisthobranchia representa un grupo morfoloxicamente diverso de gasterópodos e ocupan, polo tanto, unha ampla variedade de nichos ecolóxicos. Os opistobranquios teñen unha distribución global restrinxida a medios oceánicos, agás no caso de achochlidios[5].
Taxonomía
Seguindo a clasificación de Johannes Thiele do 1931 os Gasterópodos divídense en Prosobranchia, Pulmonata e Opisthobranchia. En clasificacións posteriores os dous últimos, Pulmonata e Opisthobranchia, foron fusionados[12]
A relación cos pulmonados
Está en debate que os opistobranquios sexan un grupo parafilético[13] e que son a orixe dos Pulmonados. Sendo así, Opisthobranchia non sería monofilético e, polo tanto, un taxón non válido. Os últimos estudos de secuenciación de rRNA seguen sen esclarecer este debate[14]
Taxonomía Linneana
A Orde Opisthobranchia Milne-Edwards, 1848
- Suborde Cephalaspidea P. Fischer, 1883
- Suborde Sacoglossa von Ihering, 1876
- Suborde Aplysiomorpha P. Fischer, 1883
- Suborde Notaspidea P. Fischer, 1883
- Suborde Thecosomata Blainville, 1824 bolboretas do mar, con cunchas
- Suborde Gymnosomata Blainville, 1824 - anxos do mar, sen cunchas
- Suborde Nudibranchia Blainville, 1814 - nudibranquios
- Infraorde Anthobranchia Férussac, 1819
- Infraorde Cladobranchia Willan & Morton, 1984
Estudos filoxenéticos do 2004[15] teñen ofrecido novas definicións das sete principais liñaxes de Opisthobranchia. Malia a todo, segue sen se considera un clado válido e considérase un grupo informal dentro dos Heterobranchia na taxonomía dos Gasterópodos[2], e que se adoita evitar nas publicacións recentes[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.