obra literaria de Domingo Villar From Wikipedia, the free encyclopedia
Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.
Quedamos abraiados pola crueza do asasinato, polo humor presente en cada páxina, pola ironía dos diálogos... que fan a lectura divertida.Estro Montaña, no Faro de Vigo.
Ollos de auga | |
---|---|
Illa de Toralla, onde aparece morto o saxofonista Lois Reigosa. | |
Título orixinal | Ollos de auga |
Autor/a | Domingo Villar |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Literaria nº 233 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | editorial Galaxia |
Data de pub. | 2006 |
Formato | rústica |
Páxinas | 248 |
ISBN | ISBN 978-84-8288-927-6 |
Seguido por | A praia dos afogados |
[ editar datos en Wikidata ] |
A trama desenvólvese en Vigo. Leo Caldas é un inspector da policía nacional, e traballa xunto co axente zaragozano Rafael Estévez.
Os acontecementos da novela xiran o redor da investigación dun asasinato. Un 12 de maio o saxofonista Lois Reigosa aparece morto no seu dúplex da illa de Toralla, logo de que lle inxectasen formol no pene. As pistas levan aos policías a sospeitar de Dimas Zuriaga, un afamado doutor propietario da fundación Zuriaga, que conta cun hospital situado no monte do Castro. Á fundación Zuriaga proporcionáballe o formol unha empresa chamada Riofarma, da cal, Isidro Freire era o encargado desa sección.
Durante a investigación descobren que o finado era gai e acoden ao Idílico, un pub de ambiente homosexual situado no Areal. Alí falan co picadiscos, un coñecido seu, chamado Orestes Rial. Quedan con el para se entrevistaren pero aparece morto no seu apartamento cunha bala na cabeza. Nel atopan un computador con fotos de Zuriaga con Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con mostrar as fotos.
Malia que as investigacións apuntaban a que o principal sospeitoso era Zuriaga, trala súa detención Caldas dáse de conta de que había algo que non encaixaba.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Así mesmo, no ano 2007 estábase a preparar unha adaptación cinematográfica, con dirección de Jorge Coira e guión de Carlos Portela[6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.