Oficina
espacio donde se realizan deberes de una organización From Wikipedia, the free encyclopedia
espacio donde se realizan deberes de una organización From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha oficina[1] é un local destinado ao traballo. Existen moitas formas de distribuír o espazo nunha oficina, segundo a función e cantas persoas traballan nela: desde unha distribución en que cada traballador ten o seu propio sitio ata unha grande oficina aberta cun sitio principal on moitas persoas que traballan ao mesmo tempo. Un tipo de oficina intermedia é o cubículo, que soluciona o illamento visual, mais falla na separación e na seguridade acústica.
O obxectivo principal dunha contorna de oficina é axudar aos seus ocupantes a realizaren o seu traballo. Os espazos de traballo nunha oficina empréganse normalmente para actividades de oficina convencionais, como ler, escribir e traballar co computador. Consíderanse nove tipos xenéricos de espazos de traballo,[2] cada un apoiando diferentes actividades. Ademais dos lugares individuais, adoitan existir salas de reunións, salóns e espazos de apoio, como fotocopiadoras e arquivos. Algunhas oficinas teñen tamén unha área de cociña.
Aínda que as oficinas se poden construír en case calquera lugar e en case calquera edificio, algúns requisitos modernos para as oficinas fan que isto sexa máis difícil, como os requisitos de luz, redes e seguridade.
A palabra oficina procede do latín officium. Roma pode considerarse a primeira sociedade que, principalmente debido ao papel da lei, desenvolveu unha burocracia relativamente elaborada, que non foi igualada durante séculos en occidente. As oficinas da antigüidade clásica adoitaban ser parte dun palacio complexo ou un templo grande. En xeral había un cuarto onde se gardaban os pergameos e os escribas realizaban o seu traballo. Os textos antigos que mencionan o traballo dos escribanos fan referencia á existencia de tales oficinas. Estes cuartos con frecuencia se chamaban "bibliotecas".
A chancelería medieval era en xeral o lugar onde se escribían os documentos do goberno e onde se copiaban as leis na administración dun reino. Os cuartos da chancelería tiñan moitas veces paredes repletas de caseleiros, construídos para albergar os pergameos enrolados para unha lectura rápida. A introdución da impresión durante o renacemento non cambiou moito estas primitivas oficinas gobernamentais. As ilustracións preindustriais a miúdo mostran persoas nas súas oficinas privadas, manexando expedientes gardados en libros o escribindo en pergameos.
O desenvolvemento da oficina moderna ten a súa orixe no modelo de produción en liña de Henry Ford.[3] O resultado disto foi a aparición de oficinas abertas, con multitude de postos de traballo colocados en retícula, onde a distribución buscaba maximizar o número de máquinas de escribir que se podían encaixar dentro dun mesmo espazo. Deste xeito dispúñanse a maioría da forza de traballo no centro do andar, liberando a fachada e as zonas máis privilexiadas para os despachos de directivos.
Na actualidade, e debido aos cambios nos modelos de traballo, xurdiron novas formas de oficina, sobre todo relacionadas co teletraballo e o traballo cooperativo, onde varios traballadores comparten espazo de traballo para reducir custos, fuxir da soidade laboral e crear sinerxias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.