From Wikipedia, the free encyclopedia
O octosílabo identifica un enunciado de oito sílabas. Pode aplicarse a unha palabra, un verso, unha oración ou un texto.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un verso octosílabo ten oito sílabas métricas. Por tanto, con estes versos, fórmanse composicións de arte menor. O verso octosílabo é a métrica popular tradicional na Península Ibérica. Encontrámola, por exemplo, frecuentemente recollida tanto en galego como en portugués ou en español, o que significa que ten unha sonoridade, musicalidade e ritmo espontáneos enraizados nas linguas románicas peninsulares, polo que foi xerado espontaneamente polo pobo en formas diversas, acompañadas de música ou non. Un exemplo de cantiga popular octosílaba é esta copla de Taragoña, Rianxo:
|
Segundo o tipo de rima, podemos entender tres tipos de composicións octosílabas:
Son coñecidas as coplas que combinan catro versos con rima nos versos pares, quedando libres os impares: - a - a. Tamén son coñecidos os romances que, de modo semellante, teñen rima asonante nos versos pares, quedando libres os impares: - a - a - a - a - a - a...
A décima son dez versos co seguinte esquema de rima consonante: a b b a a c c d d c
Existe tamén unha variante de copla, chamada copla de pé quebrado, que combina octosílabos e tetrasílabos coa seguinte rima: 8a 8b 4c 8a 8b 4c
Fican por comentar, as seguintes composicións de rima indiferente, é dicir, que poden formarse con rimas asonante ou consonante:
Polo que comentamos, todos os autores ou autoras literarios que basean a súa poesía nas formas populares farán uso frecuente do octosílabos. Así o encontramos por exemplo en Rosalía de Castro (1837-1885) tanto en Cantares Gallegos (1963) como en Follas Novas (1880). Como mostra dilo, podemos recoller este coñecido poema da primeira obra mencionada, formado por coplas:
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.