Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Observatorio Europeo Austral (en inglés European Southern Observatory: ESO ou formalmente the European Organisation for Astronomical Research in the Southern Hemisphere)[1] é un organismo europeo dedicado á astrofísica que foi creado no ano 1962.
Observatorio Europeo Austral | |
---|---|
Tipo | organización internacional, instituto de investigación e Observatorio astronómico |
Data de fundación | 1962 |
Director/a | Tim de Zeeuw, Catherine Cesarsky, Riccardo Giacconi, Harry van der Laan, Lodewijk Woltjer, Adriaan Blaauw, Otto Heckmann e Xavier Barcons |
Nº de empregados | 730 (2017) |
Sede | Garching bei München |
País | Alemaña |
Na rede | |
http://www.eso.org/ e https://www.eso.org/public/france/?lang | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Citado na súa web como a 'principal organización intergobernamental de astronomía en Europa e o observatorio astronómico máis produtivo do mundo', na actualidade está integrado por 16 estados europeo: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Países Baixos, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia e Suíza. Brasil esta en proceso de ratificación como membro sendo o primeiro pais non europeo á marxe de Chile que non sendo estado membro é unha das sedes[2][3]. As súas oficinas centrais están en Garching, preto de Múnic, ademais dunha oficina en Santiago de Chile.
ESO opera en Chile dende novembro de 1963 por convenio co goberno chileno (arredor dun 10% do tempo de observación é para astrónomos dese país). No deserto de Atacama ten tres observatorios astronómicos:
No 2019, obtense a primeira fotografía dun burato negro, con participación de ESO.[4]
Os observatorios de La Silla e Cerro Paranal tiveron importancia no descubrimento de novos planetas extrasolares, tema galardoado co Premio Nobel de Física 2019.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.