filme italiano dirixido por Sergio Leone From Wikipedia, the free encyclopedia
O bo, o feo e o malo (en italiano: Il buono, il brutto, il cattivo) é un filme italiano dirixido por Sergio Leone que se estreou en 1966. Está protagonizado por Clint Eastwood, Lee Van Cleef e Eli Wallach nos papeis do título respectivamente.[3] O guión foi escrito por Age & Scarpelli, Luciano Vincenzoni e Leone, baseándose nunha historia de Vincenzoni e Leone. É o terceiro filme da "Triloxía do dólar", seguindo a Por un puñado de dólares (1964) e Per qualche dollaro in più (1965). O argumento xira arredor da competición de tres pistoleiros por atopar unha fortuna soterrada de ouro confederado no medio dun violento caos de violencia, aforcamentos e batallas da Guerra Civil Estadounidense.[4] O filme foi unha coprodución entre compañías de Italia, España e Alemaña do Oeste.
O bo, o feo e o malo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Il buono, il brutto, il cattivo |
Director | Sergio Leone |
Produtor | Alberto Grimaldi |
Guión | Age & Scarpelli Sergio Leone Luciano Vincenzoni |
Intérpretes | Clint Eastwood Lee Van Cleef Eli Wallach |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Tonino Delli Colli |
Montaxe | Eugenio Alabiso Nino Baragli |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 15 de decembro de 1966 2 de xuño de 2010 (TVG) |
Duración | 177 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Western |
Orzamento | $1.200.000[1] |
Recadación | $25.100.000[2] |
Na rede | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.