From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tío Pepe foi un quincenario editado na Fonsagrada en 1913.
O Tío Pepe | |
---|---|
Lingua | lingua galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tiña como lema "Redención. Xusticia. Progreso. Unión. Guerra ós caciques. ¡Arriba gallegos, viv'a raza!" e apareceu o 31 de xaneiro de 1913. Dirixido probablemente por Armando Peñamaría Álvarez, de ideoloxía agrarista e integramente en galego, incluíu artigos sobre temas xerais, políticos e literarios e novas de carácter local. No seu primeiro número, no artigo "Presentación" afirmaba:
Non say ó público 'O Tío Pepe' pra decir nin facer cousas novas, non say por fachenda, nin porque teña habilidá de lucimento; say porque non lle leva o xenio estar calado ou acurrucado no escaño da cociña, vendo e oindo o que pasa; cousas que, se non debían verse nin oirse, non son tampouco pra aguantar; say pra dicir a verros o sentir en ben dos intereses dá nosa térra, da liberta dós fillos d’ela, e d’ela mesma.
Publicou poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Antonio Noriega Varela, Valentín Lamas Carvajal e Alberto Camino, relatos costumistas e populares e disertacións sobre a lingua galega e os seus problemas. Entre os seus colaboradores estaban Xan Lanas, pseudónimo do veterinario cotobadés, fincado na Fonsagrada, Constantino Fraguas e Aureliano Pereira. Cesou co número 20 o 26 de novembro de 1913.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.