ara romana adicada a Neptuno From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pedrón de Padrón é unha ara romana dedicada a Neptuno. Pódese ler nesta ara a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: (Neptu)no Orieses d(e) s(uo) p(osucrunt) "A Neptuno, os orieses, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Translatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo. Na parte superior do Pedrón gravouse ademais unha cruz, seguindo o costume de cristianizar o pagán[1].
O Pedrón (ara romana) | |
O Pedrón baixo o altar da igrexa de Santiago de Padrón. | |
Tipo | Ara votiva romana |
Data | Idade Antiga |
Cultura | Cultura galaicorromana |
Características | |
Materiais | Granito |
Descuberta | |
Localización | Iria Flavia, Padrón, Galicia |
Conservación | |
Localización | Igrexa de Santiago de Padrón |
A ara custódiase baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón[1]. O propio nome da vila de Padrón deriva etimoloxicamente de "pedrón"[2].
No Pedrón pódese ler unha inscrición que foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono"[3]. Interprétase a inscrición «NO ORI ESES D S P» como: "A Neptuno, os orieses, puxeron ás súas expensas este altar"[4]. Trátase dunha ara votiva en granito dedicada ó deus romano dos mares e de tódalas augas.
† | Cruz cristiá, gravado do século XVI, que altera o orixinal. |
I H S | |
NO | (NEPTU)NO, Neptuno. |
ORI
ESES |
Os ORIESES, facendo referencia ós habitantes do foro de Iria Flavia. |
D S P | De Suo Posuerunt, é dicir, puxeron ás súas expensas. |
O carácter do Pedrón como símbolo permanece inalterable ó longo dos séculos ata os nosos días, custódiase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón. O mesmo nome de Padrón deriva etimoloxicamente de Pedrón e no escudo da vila aparece representada esta ara. Este altar dedicado ó deus romano Neptuno é segundo a tradición cristiá o lugar onde os discípulos do Apóstolo amarraron a barca logo da longa viaxe, como se relata no Codex Calixtinus.
Entréganse en Padrón os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra ás persoas ou entidades que defenden ou promocionan a cultura galega, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro dende 1964. Tamén naceu a Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón no ano 1991 en Padrón, coa finalidade de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia[5].
Hai unha réplica do Pedrón na localidade francesa de Noirmoutier-en-l'Île, agasallo da vila irmá de Padrón[6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.