Manga xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Suxi (ミスター味っ子, Misutā Ajikko) é un anime baseado nun manga de Daisuke Terasawa que se publicou na revista Shonen Magazine e que se recompilou en 19 tomos. A serie de televisión foi emitida orixinalmente entre 1987 e 1989 no Xapón, e contaría cun total de 99 episodios. En Galiza foi emitida a partir de 1994 na TVG dentro do contedor Xabarín Club. O 11 de outubro de 2010, reestrease a serie na canla tvG2 dentro tamén no devandito programa.
Formato | Animación, aventura, shōnen |
---|---|
Creado por | Daisuke Terasawa |
Dirixido por | Yasuhiro Imagawa |
País de orixe | Xapón |
Episodios | 99 |
Produtor(es) executivo(s) | Sunrise |
Duración | 25' (aprox.) |
Canle de orixe | TV Tōkyō |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 8 de outubro de 1987 |
Derradeiro episodio | 28 de setembro de 1989 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A historia xira ó redor de Suxi (Yôichi Ajiyoshi, na versión orixinal), un rapaz que ten un don para a cociña e que, xunto á súa nai, rexenta un pequeno restaurante. A tranquila vida de Suxi dá un xiro inesperado cando un dos críticos culinarios máis prestixiosos do Xapón, Aji-ô, fica pampo e marabillado tras probar un prato de katsudón (un porco rebozado con ovo sobre unha base de arroz) que lle prepara o pequeno cociñeiro.
A historia gañou o premio ao mellor Shōnen na edición de 1988 dos Premios Kōdansha.
Suxi vive só coa súa nai nun restaurante desde que o seu pai desapareceu no mar. Suxi prosegue os pasos do seu pai, un gran cociñeiro, entón, pasa a se-lo cociñeiro do restaurante. Para defendelo fronte á competencia, terá que lograr gañar concursos entre restaurantes e á vez pasmar a Aji-ô, un prestixioso crítico culinario. A partir dese intre, Suxi irá a través do país para defender os valores dos pequenos restaurantes e doutros grandes cociñeiros. Asemade, continuará a súa viaxe culinaria co coitelo dunha famosa fabricante.
Despois dunha vitoria e a ledicia de ter obtido o seu propósito, Suxi comeza un nova viaxe.
Voz xaponesa / Voz galega / Personaxe orixinal / galego
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.