From Wikipedia, the free encyclopedia
The A-Team (en galego O Equipo A), é unha serie de televisión estadounidense de acción emitida pola NBC entre o 23 de xaneiro de 1983 e o 8 de marzo de 1987, que narraba as ficticias aventuras dun grupo de ex-combatentes de Vietnam. Estes foran acusados dun delito que non cometeran, desde entón ofrécense como mercenarios a soldo para defender a xente en problemas. Os actores protagonistas son George Peppard, Dwight Schultz, Dirk Benedict e Mr. T.
Formato | Acción, aventura |
---|---|
Creado por | Stephen J. Cannell Frank Lupo |
Intérpretes | George Peppard Dirk Benedict Dwight Schultz Mr. T |
País de orixe | Estados Unidos |
Duración | 50 mins. aprox. |
Canle de orixe | NBC |
Primeiro episodio | 23 de xaneiro de 1983 |
Derradeiro episodio | 8 de marzo de 1987 |
Na rede | |
http://www.cannell.com/tv-show-detail/1/the-a-team.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1972 catro dos mellores homes do exército estadounidense que formaban un comando, foron encarcerados por un delito que non cometeran. Estes catro homes eran o coronel John "Hannibal" Smith, o sarxento Bosco A. "B.A." Baracus ("bad attitude", que se traduciu como M.A. ou "mala actitude" en español), o capitán H.M. "Howlin' Mad" Murdock e o tenente Templeton "Faceman" Peck (xeralmente chamábano "Face", "Fénix" en español). Xuntos formaban O Equipo A. O delito "que non cometeron" foi o de atracar o banco de Hanói para acabar antes coa guerra na que estaban metidos. Por desgraza, ao volver á base, esta fora asaltada e todos os seus superiores estaban mortos, polo que non quedaba ninguén para demostrar que atracaran un banco baixo ordes. Aínda que empeoraría moito a súa situación, os catro membros do Equipo A decidiron fuxir da prisión onde estaban recluídos, converténdose deste xeito en fuxitivos. A partir de aí, o exército estadounidense, xunto coa policía militar e o apoio do Goberno dos Estados Unidos, emprenden a procura do Equipo A co fin de arrestalos, sometelos a xuízo e metelos en prisión.
O Equipo A nunca está no mesmo sitio máis de dous días, xa que constantemente están fuxindo das leis xudiciais aínda sendo inocentes. Para poder subsistir, deciden facerse "mercenarios" (como rezaba a introdución orixinal), e realizar traballos para a xente necesitada. A cambio dun incentivo (o prezo depende do traballo a realizar), o Equipo A fará o traballo que se lle pida.
Aínda que os devanditos clientes sempre son distintos, os traballos a realizar adoitan ser basicamente os mesmos: defender unha vila dunha banda de ladróns, obter información sobre algún suxeito concreto etc. As misións debían facelas rápido e sen levantar moito barullo, xa que podían ser descubertos e verse acurralados polo exército.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.