Remove ads
barrio do concello de Narón From Wikipedia, the free encyclopedia
O Couto é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2007 tiña 1.513 habitantes (733 homes e 780 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 1.574 habitantes.
O Couto | |
---|---|
Mosteiro do Couto | |
Parroquia | Narón |
Concello | Narón |
Coordenadas | 43°29′53″N 8°10′28″O |
Poboación | 1513 hab. (2007) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[1]
Está situado no sur-sueste do concello. Limita ao norte co barrio de Piñeiros, do que o separa de forma natural o río Freixeiro, e a ría de Ferrol; ao sur e ao leste coa propia ría de Ferrol, e ao oeste cos barrios do Alto do Castiñeiro e A Gándara.
Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de San Martiño de Xuvia. Esta parroquia foi a orixe de todas as outras que hoxe forman o núcleo urbano de Narón, xa que a medida que se foi asentando poboación nestes barrios, foron segregándose da súa matriz para dar orixe a novas parroquias. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Lugares do barrio do Couto no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
---|---|
O Castro do Petouzal | As Covas | Cornido | O Couto | A Faísca | A Fonte de Neixa | O Hedreiro | O Lodairo | Longras | O Muíño do Vento | O Outeiro | A Pena | O Picho | A Picota | O Salto | O Souto | A Veiga | O Vilar da Faísca | As Viñas |
Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
---|---|
O Alto do Castiñeiro | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.