Remove ads
pintor flamengo (c. 1450–1516) From Wikipedia, the free encyclopedia
Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco será tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en 's-Hertogenbosch contra 1450 e finado en 's-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés.
Nome orixinal | (nl) Jheronimus Bosch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (nl) Jheronimus van Aken c. 1450 's-Hertogenbosch, Países Baixos |
Morte | agosto de 1516 (65/66 anos) 's-Hertogenbosch, Países Baixos |
Lugar de sepultura | 's-Hertogenbosch |
Outros nomes | Aeken, Hieronymus van Aken, Jheronymus van Aquen, Jheronimus Aken, Jeroen Anthoniszoon van Aken, Hieronymus van Bos, Jeronimus |
Grupo étnico | Pobo neerlandés |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura do Renacemento, artes visuais e Pintura gótica |
Lugar de traballo | 's-Hertogenbosch (1474–1516) |
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico, debuxante, artista visual |
Período de actividade | 1474 - 1516 |
Xénero artístico | Pintura relixiosa, pintura de xénero, Pintura de historia, retrato e alegoría |
Movemento | Pintura flamenga primitiva e Renacemento nórdico |
Catálogo crítico | Q130242789 (1966) |
Alumnos | Gielis Panhedel (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Aleyt Goyaerts van den Meerveen |
Pai | Anthonis van Aken |
Irmáns | Goessen van Aken |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Boß/ Mahler von Herzogenbusch. 242, 242) Schilderboeck (pt) , (sec:T'leven van Ieronimus Bos., M197) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Naceu nunha familia de pintores holandeses e alemáns de certa importancia local, os van Aken,[1] viviu boa parte da súa vida en 's-Hertogenbosch, cidade florecente no século XV, no Ducado de Brabante (Brabant), no sur da actual Holanda. O 13 de xuño de 1463, arredor de 4000 casas da cidade ficaran destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, cuns trece anos de idade, foi testemuña.[2]
Un feito importante na súa vida foi o casamento en 1480 ou 1481 con Aleid van der Mervenne que proviña dunha importante familia de comerciantes e que achegou unha casa preto da Casa do Concello, onde Bosch estableceu o seu taller e se converteu en pintor autónomo, e amizades dun importante nivel social.[3]
Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7000 en toda Europa.
Moitas das súas obras describen o pecado e os fallos da moral humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e iconográficas, moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo.
Tamén influíu nos artistas contemporáneos. Pódese ver certa influencia do Bosco na obra de Goya como no Aquelarre de meigas.[4] Foi unha fonte de inspiración para o movemento surrealista do século XX, que foron os máis fascinados e consideraron ao Bosco como un precursor.[5] Para André Breton, a obra constitúe unha pauta de lectura para comprender o poema en prosa de Flaubert titulado La Tentation de saint Antoine (1874).[6] Dalí inspirouse na figura humana que xorde por pareidolia no rochedo que se atopa no centro do panel da esquerda para crear a súa obra do “Gran Masturbador”.[7][8] Porén, os investigadores destacan que esta obra forte e imaxinativa é portadora de interpretacións que non se percibiron na propia época da súa creación.[9]
Marijnissen centrou a cuestión cando declara que: “Dicir que o Bosco foi un surrealista avant la lettre, é para o historiador unha herexía”, mais matizou o seu propósito cando constata que “os que examinan a obra dende un punto de vista exclusivamente artístico recoñecerán que o Bosco descubriu un dos trucos máis eficaces do surrealismo, a creación do método máis lóxico para devolver a imaxe máis ilóxica".[10]
Na cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI, o tríptico constitúe unha sólida fonte de inspiración. En 1995, o realizador Tony Kaye realizou unha publicidade para o perfume L'Air du temps de Nina Ricci cunha estética que evocaba o xardín das delicias.[11] En xuño de 2009, no Festival Montpellier Baila, a coreógrafa e directora franco-española Blanca Li propuxo a creación dun espectáculo coreográfico para 9 bailarines e un pianista titulado “O xardín das delicias” e presentado como inspirado no cadro do Bosco.[12][13]
Entre as súas obras máis coñecidas están:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.