Remove ads
pintura de Hieronymus Bosch From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mesa dos pecados capitais é un cadro de Hieronymus Bosch, o Bosco,[1] ou dun seguidor do mestre.[2] É un óleo sobre táboa cuxo primeiro destinatario e función descoñécense. Ó servirse como soporte de madeira de chopo, máis lixeira que a habitual madeira de carballo, non foi posible datar a antigüidade da táboa por dendrocronoloxía e, como as restantes obras da contorna do Bosco, a data da súa creación é discutida, aínda que vestidos e outros detalles como o debuxo subxacente, apuntan ós últimos anos de vida do pintor. A sinatura, «Jheronimus bosch» é presumiblemente auténtica.[3] Mide 119,5 cm de alto e 139,8 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid, como depósito de Patrimonio Nacional.
Mesa dos pecados capitais | |
---|---|
Artista | Hieronymus Bosch |
Data | 1505-1510 |
Técnica | óleo sobre táboa |
Dimensións | 119,5 cm × 139,8 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
Esta táboa foi adquirida polo monarca Filipe II de España antes de 1560 e depositada no mosteiro do Escorial coa primeira entrega de obras artísticas en 1574. Trasladouse ó Museo do Prado durante a Guerra Civil española pola Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico de Madrid. Felipe de Guevara ocupouse da Mesa con moitos eloxios nos seus Comentarios da pintura de cara a 1560. Guevara referíase a ela nunha pasaxe polémica no que, tratando das «cousas de Boshc» e dirixíndose ó monarca propietario da Mesa, falaba tamén dun imitador da obra do Bosco, tan devoto do mestre que asinaba as súas obras co seu nome, atribuíndo a Mesa ó discípulo, aínda que no Escorial estivo sempre atribuída ó propio Bosco.[4]
Os estudos técnicos realizados no Museo do Prado con motivo do quinto centenario da morte do pintor, completando os estudos técnicos realizados en 1987 e 2001 por Carmen Garrido e Roger Van Schoute, permiten confirmar a autoría do Bosco.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.