Remove ads
cidade de Rusia From Wikipedia, the free encyclopedia
Novorosíisk (en ruso, Новороссийск) é unha cidade do suroeste de Rusia e un dos principais portos do mar Negro, no oeste do krai de Krasnodar. Está situado na desembocadura do río Tsemés, na beira occidental da baía de Tsemés da costa nororiental do mar Negro. A cidade tiña 241 952 habitantes no 2010. É o centro da unidade municipal "Cidade de Novorosíisk".
Новороссийск (ru) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Krais | Krai de Krasnodar | ||||
Urban okrug in Russia (en) | Municipal Formation of the City of Novorossiysk (en) | ||||
Capital de | Municipal Formation of the City of Novorossiysk (en) Black Sea Soviet Republic (en) Black Sea Okrug (en) (1866 (Xuliano)–1896 (Xuliano)) Black Sea Governorate (en) (1896 (Xuliano)–1920) Black Sea Okrug (en) (1920–1930) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 261.626 (2023) (3.225,97 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 81,1 km² | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Creación | 1838 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Vladimir Sinyagovsky (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 353900–353925 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 8617 | ||||
Identificador OKTMO | 03720000001 | ||||
Identificador OKATO | 03420000000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Fergana (pt) Plymouth (1956–) Livorno (1967–) Xixón (1984–) Gainesville (1988–) Valparaíso (1996–) Pula, Croacia (1997–) Varna (1997–) Constancia (2002–) Gavar (pt) (2009–) Samsun (2010–) Tiro (2013–) Brest (2014–) Kazashko (en) (2019–) Huangdao (pt) (2020–) Khantia-Mansia (pt) (2021–) | ||||
Sitio web | admnvrsk.ru |
A cidade forma un anfiteatro de 25 km ó longo da baía, rodeada polas montañas do Cáucaso Norte e da cordilleira Naváguinski, que chega ao suroeste de Novorosíisk procedente de Anapa. Estas montañas protexen a cidade das correntes de aire frío procedentes do continente. Ao sur da localidade atópase a marisma ou lago Soliónoye ("Salgado"), separado das augas da baía polo estreito cordón litoral de Sudzhuk.
Nesta localidade atópase unha das principais bases navais rusas da Frota do Mar Negro.
Considerase que os primeiros humanos establecéronse na rexión de Novorosíisk na época paleolítica. Na localización actual desta cidade, no século V a. C., edificouse a colonia comercial grega de Bata, destruída polos nómades alanos no século II a. C.. No século XIII, a baía de Tsemés estaba en mans da Horda de Ouro. Os xenoveses fundaron a colonia de Bataria na desembocadura do río Tsemés. Tras o asalto otomán a Constantinopla en 1453, o territorio da península de Tamán pasou ao Imperio Otomán, ata o tratado de Adrianópolis, no 1829, polo que a rexión pasaba ao Imperio Ruso.
O 12 de setembro de 1838, baixo o mando do xeneral Nikolái Rayevski e o almirante Mikhaíl Lázarev, colonos e soldados rusos ocuparon as ruínas do castelo turco de Sujuk-Qale, que dominara a baía dende 1722 cunha gornición de catrocentos xanízaros. Nos anos 1830 iniciouse a construción da liña defensiva costeira do mar Negro baixo o mando do xeneral Rayevski.
O 27 de setembro de 1866, cando só contaba con 430 habitantes, é denominada como centro administrativo do Ókrug de Chernomorie, que ocupaba a costa do mar Negro dende Tamán a Xeorxia e existiu ata 1896. En 1882 púxose en funcionamento unha fábrica de cemento. Seis anos despois, en 1888 chegou o primeiro tren á cidade. Xunto ao elevador e silo de gran púxose en marcha en 1893 a primeira central eléctrica de corrente trifásica do mundo. Entre 1896 e 1920 foi centro administrativo da gubernia de Chernomore.[1]
O 14 de decembro de 1905, o soviet dos deputados obreiros e campesiños de Novorosíisk chama aos cidadáns á loita contra o tsarismo e proclama a república de Novorosíisk. O 25 de decembro un rexemento baixo o mando do xeneral Mikhaíl Przewalski, primo de Nikolái Przewalski, chega á estación Tonnélnaya de Verjnebakanski, á vez que ancoraba na baía o acoirazado Tri sviatítelia (Tres santos), coa intención de reprimir á cidade. O soviet decidiu non opoñer resistencia ás forzas zaristas. Na cidade estableceuse o estado de sitio e condenouse aos deputados populares a traballos forzados e á pena de morte en sete dos casos.
Entre o 23 e o 30 de novembro de 1917 anulase a autoridade do comisariado do Goberno Provisional, elixíndose a continuación o Comité executivo central dos soviets da gubernia de Chernomorie, establecéndose o poder soviético o 1 de decembro. Por disposición de Vladímir Lenin, afundiuse a frota do mar Negro o 18 e 19 de xuño de 1918, debido ao bloqueo das tropas alemás e a inminente toma da cidade (o 26 de agosto) por parte das forzas conxuntas das tropas brancas e os intervencionistas. Dende esa data ata o 27 de marzo de 1920 foi o centro principal do exército de Denikin O 12 de marzo de 1920 os brancos iniciaron a súa evacuación en buques de vapor. O xeneral Denikin abandonou Rusia polo porto de Novorosíisk neses días, no torpedeiro Tsesarévich Gueorgui. Para o 1 de maio as tropas brancas abandonaran a cidade, sendo ocupada polo Exército Vermello de Obreiros e Campesiños.
En abril de 1930 ponse en marcha en Novorosíisk unha central eléctrica produtora dunha potencia de 22 000 kilovatios, e en 1937 recuperaronse os restos da frota afundida en 1918. En 1940 acabouse co analfabetismo na cidade. Durante a Gran guerra patria a maior parte da cidade foi capturada pola Wehrmacht da Alemaña Nazi en 1942. Ao ano seguinte, na noite do 4 de febreiro de 1943 unha compañía de 274 homes baixo o mando de Tsézar Kúnikov desembarcou ao sur da localidade, no cabo Mysjako, procedente de Gelendzhik, capturando o campo de operacións Málaya Zemlia e reténdoa baixo os ataques inimigos ata a liberación definitiva da cidade o 16 de setembro de 1943 na operación Novorosíisk - Tamán polo 89ª rexemento de fusileiros armenios soviéticos.
O 7 de maio de 1966 a cidade foi condecorada coa Orde da Guerra Patria de 1ª clase pola firmeza, o valor e o heroísmo, manifestado polos defensores de Novorosíisk durante a segunda guerra mundial. O 14 de setembro de 1973 na conmemoración dos 30 anos da derrota do exército alemán na defensa do Cáucaso Norte otorgóuselle a Novorosíisk o título honorífico de Cidade Heroica, a Orde de Lenin e a Estrela de Ouro.
1897 | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 2002 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
16.897 | 93.461 | 132.744 | 159.135 | 185.938 | 232.079 | 141.952 |
Etnia | Porcentaxe |
---|---|
Rusos | 87.0% |
Armenios | 3.7% |
Ucraínos | 3.6% |
Tártaros | 1.1% |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.