From Wikipedia, the free encyclopedia
O xéquel[2] ou novo shekel[3], NIS polas súas siglas en inglés, é a moeda de curso legal en Israel e, xuntamente co dinar xordano, tamén da Autoridade Nacional Palestina. Divídese en 100 agorot.
Novo shekel | |
---|---|
שקל חדש (en hebreo: עברית) shékel jadash | |
Código: | ILS |
Ámbito: | Israel Palestina |
Símbolo: | ₪ |
Fracción: | 100 agorot |
Moedas: | 5, 10 agorot; ½, 1, 2, 5, 10 novos shekel |
Billetes: | 20, 50, 100, 200 novos shekel |
Emisor: | Banco de Israel[1] |
Taxa de troco: | 1 ISO = A XXX |
O novo shekel adoptouse en 1985, en substitución do anterior shekel ou siclo, a razón de 1000 dos antigos por cada novo shekel. Emitido polo Banco de Israel (en hebreo: בנק ישראל), Banq Israel / بنك اسرائيل Bank Isrā'īl), circulan moedas 10 agorot e de ½, 1, 2, 5 e 10 shekels, e billetes de 20, 50, 100 e 200 shekels. As moedas cúñanse na ceca pública de Corea, KOMSCO.[4]
O código ISO 4217 é ILS e a súa abreviatura é o símbolo ₪ –unha combinación das iniciais hebreas das palabras shekel (ש) e jadash (ח) – ou ben se abrevia שח (pronunciado shaj). Divídese en 100 agorot (en hebreo: אגורות); en singular agorá (en hebreo: אגורה); en árabe اغورة, agūra). Desde o 1 de xaneiro de 2003 o NIS é unha moeda libremente convertible.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.