Nove

número natural From Wikipedia, the free encyclopedia

O nove (9) é o número natural que segue ao oito e precede ao dez.

9
CardinalNove
Ordinalnoveno
Propiedades matemáticas
Factorización32
Función totienteφ(9) = 6
Número de divisoresτ(9) = 3
Suma dos divisoresσ(9) = 13
Conta de primosπ(9) = 4
Función de Möbiusμ(9) = 0
Función de Mertens‘‘M’‘(9) = -2
Outros sistemas de numeración
Sistema binario

1001

Sistema octal11
Sistema duodecimal9
Sistema hexadecimal9
Numeración romanaIX
Numeración exipcia
Z1 Z1 Z1
Z1 Z1 Z1
Z1 Z1 Z1
Numeración gregaΠIII
Numeración xónicaθ'
Numeración chinesa
Numeración hebraica
Numeración armeniaԹ
Numeración Āryabhaṭa
Numeración maia
Lista de números

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
0 10 20 30 40 50 60 70 80 90

O 9 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1 e 3. Como a suma dos seus factores é 4 < 9, trátase dun número defectivo.

O 9 é o cadrado de 3.

Un polígono de 9 lados recibe o nome de enneágono.

Características

  • É o número atómico do flúor.
  • O nove é considerado por algúns como a cifra do saber supremo que induce á Totalidade que é 10 (dez).
  • É o triángulo ternario, é dicir, triplicidade do triplo, que simboliza os tres mundos.
  • Nos ritos medicinais, considerábase o número por excelencia porque representaba a tripla síntese (corporal, intelectual e espiritual).
  • O nove (九) é un número de mal agoiro na cultura xaponesa, pero de bo agoiro na cultura chinesa.
  • Para os hebraicos o nove simboliza a verdade.
  • É o número do eremita do Tarot (personaxe simbólico, portador do báculo, representante do grao supremo da iniciación). Como consecuencia considérase que o número 144 é moi favorable por sumar 1+4+4=9
  • A Cábala do 666, porque 6+6+6=18 -> 1+8= 9
  • O número nove é un número máxico para os satanistas.

Curiosa aritmética do número 9

Existe un fenómeno curioso coa aritmética do número nove, e é que para calquera número natural inicial que conteña un ou máis noves como unha(s) das cifras que o constitúen no sistema decimal, a suma das súas cifras tomadas como individuais (e desta, se é necesario simplificada ao engadir as cifras do número resultante da mesma forma) dará un resultado idéntico á adición das mesmas cifras se o número nove non estiver presente no número natural inicial.

Isto significa que dado un número natural calquera que conteña un 9, por exemplo: 19 a suma das cifras como díxitos será idéntica á do mesmo número sen o nove presente así que:

19 → 1 + 9 = 10 → 1 + 0 = 1
1 = 1

De igual forma, se o número contén máis noves:

499 → 4 + 9 + 9 = 22 → 2 + 2 = 4
4 = 4
  • Outro exemplo:
No número natural 123 456 789, a suma das cifras constituíntes engadidas individualmente será idéntica á suma dos díxitos no número 12 345 678:
porque 1 + 2 + 3+ … + 8 + 9 = 45 → 4 + 5 = 9 , que dá o mesmo resultado que 1 + 2 + 3+ … + 7 + 8 = 36 → 3 + 6 = 9
  • Máis exemplos:
9 + 9 + 9 + 9 = 36 → 3 + 6 = 9
9 + 9 + 9 = 27 → 2 +7 = 9
42979 → 4 + 2 + 9 + 7 + 9 = 31 → 3 + 1 = 4
  • Colocar a terra procedente de nove toupeiras, cun pouco de unto e rezando certos ensalmos, cura as necroses provocadas polo fogardente (ergotismo).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.