Polígono

figura plana From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

Un polígono é unha figura plana limitada por unha liña poligonal pechada sen interseccións entre os segmentos que a forman (exceptuando vértices extremos). O polígono será regular se tódolos lados teñen a mesma lonxitude e tódolos ángulos internos son iguais, e será irregular noutro caso. Os polígonos teñen o mesmo número de lados que de ángulos (por omisión, ó falar de ángulos dun polígono acostumamos referirnos só ós ángulos internos, referencia asumida na afirmación anterior).

Máis información Nome, Número de lados ...

Se n é o número de lados, o número de diagonais dun polígono está dado por .

É frecuenta en referencias xenéricas chamar n-gono (n-gon en inglés) a un polígono de n lados.

Remove ads

Etimoloxía

A verba polígono procede do grego antigo πολύγωνον (polygōnon), de poli (πολύς), "moitos" e gonos (γωνία), "ángulo".

Clasificación dos polígonos

Os polígonos clasifícanse polo número dos seus lados como se ve na táboa da dereita.

Pola forma do seu contorno debúllase a seguinte clasificación:

Polígono
Simple
Convexo
Regular
Irregular
Cóncavo
Complexo
  • simple, se dúas das súas arestas non consecutivas non se cortan,
  • complexo, se dúas das súas arestas non consecutivas se cortan;
  • convexo, se ao atravesalo unha recta córtao nun máximo de dous puntos,
  • cóncavo, se ao atravesalo unha recta pode cortalo en máis de dous puntos;
  • regular, se ten os seus ángulos e os seus lados iguais,
  • irregular, se ten os seus ángulos e lados desiguais;
  • equilátero, o que ten todos os seus lados iguais,
  • equiángulo, o que ten todos os seus ángulos iguais.
  • rectilíneo, se todos os seus lados son segmentos rectos,
  • curvilíneo, se polo menos un dos seus lados é un segmento curvo.

Polígonos regulares

Thumb
Cadrado, cuadrilátero regular.
Thumb
Pentágono regular.

Os polígonos que teñen tódolos seus lados coa mesma lonxitude e todos os seus ángulos iguales chámanse polígonos regulares. A área dun polígono regular pode ser calculada da seguinte forma: Supoñendo que:

A = Área
n = número de lados
l = lonxitude dun dos lados
a = apotema
Cúmprense as seguintes relacións:

Polígonos irregulares

Thumb
Triángulo escaleno.

Os polígonos irregulares son aqueles que non teñen tódolos lados e ángulos iguais. O cálculo da área dun polígono irregular pódese facer dividíndoo en polígonos menores (habitualmente triángulos), sendo a superficie total a suma das áreas de todos eles. Se o polígono é regular, este cálculo é , sendo p o seu perímetro (igual ó número de lados pola lonxitude dun deles) e a o apotema.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads