Normandía (rexión histórica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Normandía[1] (en francés Normandie, en normando Normaundie) é unha rexión de Francia. Orixinariamente, foi un ducado histórico e logo unha provincia do antigo réxime francés. Dende 1790 é unha rexión xeográfica e cultural do norte de Francia. Desde o 1 de xaneiro de 2016 as antigas rexións administrativas da Alta Normandía (Haute-Normandie) —composta polos departamentos franceses de Sena Marítimo e Eure— e a Baixa Normandía (Basse-Normandie) — composta polos de Orne, Calvados e Mancha— reunificáronse nunha única rexión, Normandía (Normandie).
Normandie (fr) | |||||
Epónimo | Povos nórdicos (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Caen Ruán | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
O antigo ducado de Normandía atopábase no norte de Francia, e ocupaba a área baixa do río Sena, o Pays de Caux e a rexión do oeste a través do Pays d'Auxe ata a península de Cotentin. Historicamente, Normandía foi unha provincia de Francia [Cómpre referencia].
As Illas Anglonormandas aínda que son dependencias da coroa británica, forman cultural e historicamente parte do Ducado de Normandía.
Normandía foi o lugar onde habitaron os normandos a comezos da Idade Media. Eles foron os últimos en invadir con éxito Inglaterra. Eran unha mestura de indíxenas galos e viquingos invasores baixo o liderado de Roberto I (Gange Rolf), quen sitiou París e foille concedida a área de Normandía a cambio de defendela contra os ataques piratas mediante o tratado de Saint-Clair-sur-Epte no ano de 911.
Algunhas familias normandas, como a de Tancredo de Hauteville tiveron un importante papel nas Cruzadas.
Un descendente de Roberto, Guillerme, duque de Normandía, invadiu Inglaterra en 1066 e converteuse no Rei Guillerme I de Inglaterra. Normandía mantívose asociada con Inglaterra ata 1087, entre 1106 e 1144, e entre 1154 e 1204.
A batalla de Bouvines tivo lugar en 1214. Foi ocupada por forzas inglesas durante a Guerra dos Cen Anos entre 1346 e 1360 e novamente entre 1415 e 1450.
En 1942, durante a segunda guerra mundial, tivo lugar a batalla de Dieppe (Sena Marítimo), ataque das forzas aliadas (principalmente canadenses e británicas) aos ocupantes alemáns. A rexión foi máis tarde o escenario da batalla de Normandía ou operación Overlord, que tivo lugar na mañá do 6 de xuño de 1944, sendo as praias normandas a principal vía de entrada das tropas aliadas no III Reich, data tamén coñecida como o día D, o que abriu unha segunda fronte contra o exército nazi.
No 2004 con motivo de sesaxésimo aniversario do desembarco, o chanceler de Alemaña Gerhard Schröder visitou a rexión marcando un fito nas relacións franco-alemás.
Tanto Robert Wace como Orderico Vital son importantes escritores normandos da historia da provincia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.