Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os neurópteros (Neuroptera) son unha orde de insectos que comprende unhas 6.000 especies.[1] O grupo chamouse anteriormente Planipennia e daquela incluía grupos que despois foron separados nas actuais ordes dos Megaloptera e Raphidioptera. Ás veces o nome Neuropterida[Note 1] úsase para denominar estas tres ordes como grupo unido. Neuropterida é situado como unha superorde, cos Endopterygota convertidos nun clado situado por encima sen categoría taxonómica, ou ben os Endopterygota mantéñense como unha superorde, no que os Neuropterida (sen categoría) forman parte del. Dentro dos endopterigotos, os parentes máis próximos do clado dos neuroptéridos son os escaravellos.
Neurópteros Rango fósil: Permiano-Actual (299-0 Ma) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un crisópido | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes | |||||||||||
e ver texto |
Os adultos desta orde posúen catro ás membranosas; as anteriores e as posteriores son aproximadamente do mesmo tamaño e teñen moitas veas. Teñen pezas bucais mastigadoras e sofren unha metamorfose completa.
Os neurópteros apareceron durante o período Permiano e continuaron diversificándose ao longo do Mesozoico.[2] Durante ese tempo, evolucionaron varias formas infrecuentemente grandes, especialmente na familia extinta Kalligrammatidae, a miúdo denominadas "bolboretas do Xurásico" debido ás súas grandes ás con patróns.[3]
Os neurópteros son insectos de corpo mol con relativamente poucas características especializadas. Teñen grandes ollos compostos laterais e poden ter ou non ocelos. As súas pezas bucais teñen fortes mandíbulas axeitadas para mastigar, e carecen de varias adaptacións que se encontran na maioría dos demais grupos de insectos endopterigotos.
Teñen catro ás, que son xeralmente similares en forma e tamaño e un patrón de veas xeneralizado. Algúns neurópteros teñen órganos dos sentidos especializados nas ás, ou teñen sedas ou outras estruturas que unen as súas ás durante o voo.[4]
As larvas son predadores especializados, con mandíbulas alongadas adaptadas a perforar e zugar. A forma do corpo da larva varía nas distintas familias, dependendo da natureza das súas presas. Porén, en xeral, teñen tres pares de patas torácicas, cada unha das cales acaba en dúas garras. O abdome a miúdo ten discos adhesivos nos últimos dous segmentos.[4]
As larvas da maioría das familias son predadoras. Moitas crisópidas comen áfidos e outros insectos que son pragas, polo que foron utilizadas como método de control biolóxico (por distribuidores comerciais, pero tamén son abundantes e moi estendidos na natureza). As larvas de varias familias cóbrense con residuos (ás veces incluso con restos de presas mortas) para camuflarse. O caso máis extremo é o dos Myrmeleontidae, que se enterran completamente para agocharse fóra da vista das súas presas, ás cales emboscan en "pozos" escavados no solo. As larvas dalgúns Ithonidae comen raíces, e as larvas dos Sisyridae son acuáticas e aliméntanse de esponxas de auga doce. Unhas poucas mantíspidas son parasitas de sacos de ovos de arañas.
Como noutras ordes de holometábolos, o estadio pupal xeralmente está encerrado nun casulo composto de seda ou residuos. A pupa finalmente corta unha abertura para saír do casulo coas mandíbulas, e poden trasladarse de sitio durante un certo tempo antes de sufrir a écdise (muda) para converterse en adulto.[4]
Os adultos de moitos grupos son tamén predadores, pero algúns non se alimentan ou consomen só néctar.
Estudouse o uso de neurópteros para o control biolóxico de pragas, descubríndose que é difícil establecer e manter poboacións destes insectos nos campos agrícolas.[5] Os neurópteros foron plasmados en manifestacións artísticas desde as primeiras civilizacións, e pódense ver obras en varias galerías de arte como a Lacewing Design Gallery and Studio de Northampton, ou a Lacewing fine art de Salisbury.[6]
Os pobos das terras altas de Nova Guinea dicen que adquiren máis masa muscular e gran resistencia malia a súa dieta pobre en proteínas porque comen neurópteros entre outros insectos.[7]
A comprensión da filoxenia dos neurópteros mellorou moito desde mediados da década de 1990, grazas ás análises xenéticas e ao sempre crecente descubrimento de fósiles.[1] En 1995, por exemplo, só se sabía que os Megaloptera e Raphidioptera non formaban parte dos Neuroptera stricto sensu, e que os Mantispoidea e parte dos Myrmeleontoidea eran grupos que só podían confirmarse por análise cladística.[8] Aínda que as relacións dalgunhas familias aínda non se comprenden de todo, a maioría das liñaxes principais dos Neuropterida poden hoxe situarse con seguridade nun contexto evolutivo.[9][10][11]
A filoxenia dos Neuroptera foi explorada usando secuencias de ADN mitocondrial e aínda que algúns aspectos permanecen dubidosos para o grupo no seu conxunto (hai acordo, en 2014, en considerar parafiléticos aos tradicionais "Hemerobiiformia"), os Myrmeleontiformia considéranse xeralmente monofiléticos, o que dá lugar ao seguinte cladograma:[12]
Neuroptera |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Formas basais e non resoltas
Suborde Hemerobiiformia (grupo central, parafilético?)
Suborde Myrmeleontiformia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.