Nestea é unha marca de té xeado fabricada e distribuída por Nestlé. É unha bebida refrescante de té ao limón, listo para tomar frío. É a marca pioneira en España no mercado dos tés fríos.
O lanzamento da bebida en España tivo lugar no ano 1993, tras un acordo entre Nestlé e Coca-Cola.
A gran demanda fixo diversificar o mercado, no 1994 lanzan a versión sen azucre, en 1994 a versión de pexego, e no ano 2002 a versión de té á laranxa.
Nestea comercialízase en Aruba, Australia, Austria, Bélxica, Bosnia e Herzegovina, Brasil, Bulgaria, Canadá, Illas Caimán, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Ecuador, Guinea Ecuatorial, Estonia, Finlandia, Francia, Guaiana Francesa, Alemaña, Grecia, Guadalupe, Guam, Hong Kong, Hungría, Islandia, India, Indonesia, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, Líbano, Lituania, Luxemburgo, Macau, Malta, Illas Marianas, Martinique, México, Marrocos, Países Baixos, Noruega, Panamá, Filipinas, Polonia, Portugal, República de Corea, Reunión, Romanía, Rusia, Saint Kitts and Nevis, Serbia, Eslovaquia, Suráfrica, España, Suecia, Taiwán, Tailandia, Turquía, Illas Turcas e Caicos, Ucraína, Illas Virxes dos Estados Unidos, Perú, Estados Unidos e Venezuela.[1]
Os mercados máis grandes de Nestea son Estados Unidos, Canadá, Australia, Taiwán, Italia, España, Suíza, Alemaña e Vietnam.[2]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.