especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A nespereira europea (Mespilus germanica) é unha árbore froiteira que dá un froito chamado néspera. Malia ter un nome con referencia a Xermania, é orixinario de Asia Menor e o sueste de Europa, e foi levado a Alemaña polos romanos e de aí ao resto de Europa occidental. O cultivo da nespereira do Xapón (Eriobotrya japonica) foi aos poucos substituíndo a néspera europea, que xa non se atopa nos mercados.
Nespereira europea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Mespilus germanica' L. |
A nespereira europea acada os 6 m de altura, malia que en óptimas condicións de cultivo pode superar os 8 m. Posúe unha copa baixa e estendida poboada de pólas tortas. Require climas temperados, con cálidos veráns e invernos macíos. Prefire exposicións asolladas, vexetando ben nos solos acedos e secos. Nestas condicións compórtase coma perennifolio, cunha expectativa de vida de entre 30 e 50 anos. As follas da nespereira europea son oblongas e longas (15 x 5 cm), elípticas e apuntadas con marxes dentados ou lisos. Adoitan ser pubescentes, verde brillante e lustrosas, aínda que en climas fríos tórnanse douradas polo outono.
Florea entre maio e xuño, ofrecendo flores solitarias de 5 pétalos, brancas ou rosadas. Os froitos, as nésperas, son globulares, van pasando do verde ao pardo amarelento ao madurar, acadando uns 2 ou 3 cm. Posúe un sabor agridoce e consómese directamente (se non está ben chegado é moi indixesto) ou en preparados a base de viño ou xeleas.
A nespereira xa se cultivaba hai uns 3 000 anos na rexión do Mar Caspio. Contra o ano 700 a. C chegou a Grecia, espallándose por Roma arredor do ano 200 a. C., converténdose nunha importante cultura froiteira durante o Imperio romano e maila Idade Media. Na actualidade viuse naturalizado en case toda Europa e, en ocasións, atópase ventureiro, en cuxo caso é unha arboriña miúda e espiñenta. En Galicia hoxe non é común nin cultivado nin bravo, debido á substitución pola nespereira do Xapón.
Ademais do seu carácter coma froiteira cómpre engadir a súa capacidade ornamental. A elegante copa aberta e mais o súa mesta ramallada de lustrosas e grandes follas convérteno nun fermoso elemento decorativo plantado só no céspede. Especialmente indicada para este uso é a variedade "Dutch", de menor rendemento froiteiro porén máis vizoso.
A madeira é a base para a fabricación do caxato tradicional vasco chamado makila, con cuxa entrega réndense honras ás personalidades.
Mespilus germanica foi descrita por Linneaus e publicado en Species Plantarum 1: 478, no ano 1753.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.