Negueira de Muñiz
concello da comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Negueira de Muñiz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE no 2018 tiña 218 habitantes, sendo o concello menos poboado de Galicia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Negueira | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 240 (2023) (3,32 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 72,26 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Manuel Braña Pereda | ||||
Eleccións municipais en Negueira de Muñiz | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27000–27999 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27035 | ||||
O concello ten unha superficie de 72,3 km², e está situado no extremo oriental da provincia de Lugo, limitando ao leste, sur e norte con Asturias. É un terreo moi accidentado, dominando as altas montañas con cumios como os montes dos Chaos (1.033 m), Penas das Chocas (845 m), A Curula (694 m) ou o Pico Rondel (605 m). A rede fluvial está canalizada polo río Navia e os seus afluentes, como o Couso ou o Ibias.
Ten un clima de montaña, con invernos fríos e frecuentes choivas e precipitacións de neve. Nas zonas máis baixas dos vales predominan os castiñeiros.
O concello de Negueira foi creado por Real Decreto do 22 de xullo de 1928, pasando a chamarse Concello Constitucional de Negueira, por iniciativa de Antonio Muñiz Álvarez, co apoio e traballo dos catro concelleiros contemporáneos que representaban a zona de Negueira no antigo concello da Fonsagrada. Até entón, xunto coas parroquias da Fonsagrada, formaba parte do concello da Pobra de Burón, creado en 1833.
Antonio Muñiz Álvarez, nado en Vilar (parroquia de San Pedro de Ernes), tras volver da emigración en Cuba, loitou por mellorar as condicións da economía da zona mediante a creación de sociedades agrarias. Os motivos para promover e crear un concello de seu foron entre outras a distancia á capital municipal e o illamento nos meses de inverno pola ausencia de boas vías de comunicación. En 1928, en parte como agradecemento á súa persoa, e en menor medida para evitar confusións con outras entidades locais maiores, o concello solicitou pasar a chamarse Negueira de Muñiz, o que foi aprobado pola Real Orde do 22 de novembro de 1929[1].
A historia recente de Negueira está marcada pola construción do encoro de Salime e a creación da comuna del Foxo en 1977. Coa construción na década de 1960 do encoro de Grandas de Salime todos os núcleos de poboación das parroquias de Barcela e Ernes quedaron illados do resto do concello pola ausencia dunha ponte. Amais, moitos dos veciños perderon as súas terras e vivendas, que quedaron asolagadas, polo que creceu a emigración cara á Terra Chá, onde formaron as colonias de Arneiro e A Veiga do Pumar. En 1977 xente procedente de diversas partes fundou no lugar del Foxo unha comuna.
Consérvanse restos prehistóricos, como as medorras de El Foxo e Vilauxín e a Pena dos Encantos en Ouviaño. Da época castrexa consérvase o castro de El Carballín, Castro e Castrín da Gamalleira.
A igrexa parroquial de Negueira é de finais do século XV ou principios do XVI, e forma un conxunto arquitectónico xunto coa casa reitoral. O templo ten a fachada con espadana e porta adintelada, e un pórtico de pequenas arcadas con piares. A nave, de planta de cruz latina, ten tellado a dúas augas. A capela maior ten un retablo barroco do século XVIII no que destaca a imaxe do Salvador. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de aresta. Na capela lateral norte hai dous retablos dun só corpo, un deles cun Sagrario co Agnus Dei do século XVIII. A capela lateral sur ten tamén dous retablos, o da esquerdo barroco de finais do século XVIII cunha imaxe do Salvador sedente, románico. No templo consérvase boa ourivaría, como unha cruz de prata do século XIX.
A igrexa de Santiago de Ouviaño é un templo rural de nave rectangular con tellado a dúas augas. No lateral sur hai un pórtico rústico cun banco que serve de lugar de encontro. No interior hai un retablo de finais do século XIX.
No concello hai outras capelas, a maioría coa típica entrada con pórtico, como as de Pelou, Seira, Vilaseca, San Sebastián, Santa Baga e San Ildefonso.
A ponte da barca de Buadil, de principios do século XX, estaba formada en orixe por un só arco central e nove de apoio, pero coa construción do encoro de Salime foi necesario elevalo, superpoñéndolle outro cara a arriba para que tivese máis altura.
As casas da comarca responden a unha tipoloxía peculiar condicionada pola climatoloxía da zona, con grosos muros de pedra, tellados de lousa a catro augas e amplo interior. Algunhas delas conservan o antigo porte señorial.
Os hórreos nesta zona coexisten cos cortíns, construcións circulares de pedra que defendían as explotacións apícolas, e coas ouriceira, construcións de planta circular e muros de cachotería nas que secar os ourizos das castañas.
A sangría demográfica de Negueira de Muñiz dende 1950, transformouse nun continuo descenso da poboación, dende os 1424 habitantes dos anos 50 ata os actuais 218 censados. Deste xeito, Negueira de Muñiz perdeu aproximadamente un 85% da súa poboación dende 1950. Na actualidade é o concello menos poboado de Galicia, a distancia do segundo menos poboado da comunidade.
En 1930, cando se fixo o primeiro censo de poboación, tiña 1.534 habitantes. No descenso da poboación cómpre sinalar dúas etapas: entre 1930 e 1960, a perda demográfica está dentro dos parámetros dos concellos pouco desenvolvidos de Galiza, que se corresponde cun baixo crecemento vexetativo e cun movemento migratorio. Desde 1960 rexistrouse un brusco descenso por mor do crecemento vexetativo negativo e a masiva emigración, debida principalmente á construción do encoro de Salime.
Censo Total | 218 (2018) |
Menores de 15 anos | 20 (9.17 %) |
Entre 15 e 64 anos | 137 (62.84 %) |
Maiores de 65 anos | 61 (27.98 %) |
Evolución da poboación de Negueira de Muñiz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
sd | 1534 | 1424 | 286 | 230 | 207 | 224 | 213 | |||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A base económica do concello é a gandaría e a explotación madeireira, pois a superficie dedicada a agricultura é moi escasa e orientada ao autoconsumo. A gandaría está orientada á produción cárnica, predominando o gando vacún, coa raza rubia galega, a pardo alpina e un pequeno número de holandesas. A cabana porcina duplica en número ás cabezas de bovino. En xeral, o sector primario concentra o 85% da poboación activa, mentres que apenas hai poboación dedicada á industria ou á construción. A posta en marcha da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca, dentro do Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galiza, supón un apoio eficaz ás novas iniciativas locais para revalorizar e potenciar os propios recursos. O sector terciario dá traballo a case o 15% da poboación activa, experimentando na última década un importante desenvolvemento, reflectido no aumento dos servizos administrativos, financeiros e comerciais, así como educativos, sanitarios e de lecer.
Até hai ben pouco celebrábase en Negueira a feira cada segundo domingo de mes. En outubro celébrase a feira do viño. O 15 de agosto celébrase a romaría da Nosa Señora da Veiga. En Vilaseca celébrase o Santo Antón o 17 de xaneiro.
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 | |||||
Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
PSOE | 96 | 52.46 % | 4 | ||
BNG | 81 | 44.26 % | 1 |
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011 | |||||
Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
PSOE | 90 | 49.45 % | 4 | ||
PP | 59 | 32.42 % | 1 | ||
BNG | 27 | 14.84 % | 0 |
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015 | |||||
Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
PSOE | 82 | 54.67 % | 4 | ||
PP | 46 | 30.67 % | 1 | ||
BNG | 20 | 13.33 % | 0 |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Negueira de Muñiz, vexa: Lugares de Negueira de Muñiz.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.