From Wikipedia, the free encyclopedia
A Nebulosa de Carina (tamén coñecida coma a Nebulosa de Eta Carina, ou NGC 3372) é unha gran nebulosa brillante que rodean varios cúmulos estelares. Eta Carinae e HD 93129A, son dúas das estrelas máis masivas e luminosas da Vía Láctea, a cales pertencen a esta nebulosa. Está nebulosa está a unha distancia estimada de entre 6.500 a 10.000 anos luz respecto da Terra e pertence a constelación de Carina. Esta nebulosa contén varias estrelas do Tipo-O.
Nebulosa de Carina | |
---|---|
Unha imaxe de NGC 3372 tomada cun telescopio de afeccionado | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de emisión |
Ascensión recta | 10h 45m 08,5s[1] |
Declinación | -59° 52′ 04″[1] |
Distancia | ~6.500-10.000 al [1] |
Magnitude aparente | +1,0 |
Constelación | Carina |
Características físicas | |
Radio | ~10 pc |
Magnitude absoluta | ~10,8 |
Outras designacións | NGC 3372,[2] ESO 128-EN013,[1] GC 2197[1] |
inclúe a nebulosa escura chamada Nebulosa Keyhole |
Esta nebulosa é unha das nebulosas difusas máis grandes do firmamento. Pensase que é catro veces máis grande -e moito máis brillante- cá famosa Nebulosa de Orión, aínda que se ten un coñecemento sobre ela moito menos detallado, xa que pertence a constelación de Carina, a cal fica preto do círculo polar do hemisferio sur. Foi descuberta por Nicolas Louis de Lacaille no ano 1751–52 dende o Cabo de Boa Esperanza.
Dentro desta gran nebulosa brillante escondese outra moito máis pequena, que rodeada só a estrela Eta Carinae. Esta nebulosa é coñecida coma a Nebulosa Homunculus (do latín, que significa Home pequeno), e pensase que foi expulsada no enorme estoupido do ano 1841, o cal fixo que Eta Carinae fose -aínda que por un breve espazo de tempo- a segunda estrela máis brillante do firmamento.
Eta Carinae é unha estrela hiperxigante moi luminosa, estimase que ten unha masa entre 100 a 150 masas solares, e que é 4 millóns de veces máis luminosa có Sol.
Este obxecto actualmente é a estrela masiva que puido ser estudada con máis detalle. Existen moitas outras estrelas máis luminosas e moito máis masivas, pero os datos obtidos delas son moito menos detallados e fiables. Ata o 2006, Eta Carinae seguía sendo a estrela máis luminosa confirmada coma tal, baseándose nos datos tomados nun amplo rango de lonxitudes de onda. As estrelas con masas superiores as 80 masas solares producen un millón de veces máis luz có noso Sol. Esta estrelas son bastante raras -só existen unhas poucas ducias delas dentro dunha galaxia do tamaña da nosa Vía Láctea- e poden ter finais desastrosos ó achegarse ó límite de Eddington, p.e., a presión cara ao exterior da súa radiación pode ser tan forte coma para contrarresta-la forza da gravidade. Na teoría, estrelas con máis de 120 masas solares exceden este límite, e a súa gravidade apenas pode reter a súa radiación e o seu gas, dando coma resultado unha posible supernova no futuro.
Os efectos de Eta Carinae poden ser vistos directamente. O glóbulos escuros nunha das imaxes de galería, parten directamente desta estrela masiva. A nebulosa seguramente tería unha vista moi distinta da de hoxe en día, antes da grande erupción acontecida no ano 1841, a cal rodeou Eta Carinae con po, reducindo drasticamente a saída de luz ultravioleta da nebulosa.
Unha porción da Nebulosa de Carina é coñecida coma a Nebulosa Keyhole, nome que lle asignou John Herschel no século XIX. A Nebulosa Keyhole é actualmente moito máis pequena é escura, está composta por moléculas frías e po, tamén contén filamentos fluorescentes de gas quente, a súa silueta contrasta co fondo moito máis brillante. O diámetro desta nebulosa é aproximadamente duns 7 anos luz.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.