A herba das brañas[1] (Nardus stricta) é unha especie de planta gramínea herbácea, único membro do xénero Nardus.
Herba das brañas | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Herba das brañas (Nardus stricta) nun xardín | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Nardus stricta L. |
Descrición
Nardus é un xénero caracterizado por seren plantas perennes con inflorescencias moi magras, con espículas sentadas que nacen alternas das escotaduras do eixo. Ten espículas cunha flor. A gluma inferior é moi miúda e a superior está ausente. A lema ten tres nervios con dúas ou tres carenas arestadas.
A herba das brañas é unha planta vivaz, dura, forte e rexa, densamente crepitosa, de pequeno talle e porte erecto e de tres a oito centímetros de lonxitude. Ten a espícula cunha soa flor sentada e inserta no raque mais volta do mesmo lado. As flores son violáceas ou averdadas con estame de grandes anteras branco leitosas ben visíbeis na antera e sen glumas, unilaterais moi magras e erectas. As follas son longas, setosas e de case 0.5 mm de largura. Posúe numerosas follas basais finas, enroladas e algo punzantes, así como as espigas na súa madureza.
Distribución e hábitat
Euroasiática. Hemicriptófito. Prados sobre solos acedos e zumegantes, enclaves esmagados e pastoreados con abundante humidade (brañas e lameiros).
Ecoloxía
É planta invasora que suaviza os pastos deficientemente aproveitados do piso subalpino e que pode ser eliminada ou consumida polo pastoreo do gado maior. Responde mal a calquera tipo de fertilizante agás o fosfórico. Así, os solos nos que se atopa a herba das brañas teñen a características edáficas a seguir:
- Hidromorfía temporal máis ou menos prolongada.
- Lenta humificación da materia orgánica, con formación de humus de tipo mor (relación C/N superior a 25), tendencia á turbificación e posíbel desenvolvemento de horizontes hísticos
- pH acedo ou moi acedo: entre 3.5 e 5
- Baixa taxa de saturación do complexo adsorbente: inferior ao 50 % o que dá solos con escasa fertilidade.
Tendo en conta estas características edáficas e seguindo a clasificación da FAO, os herbais das brañas poden ser encadrados dentro das categorías de luvisol e phaeozem.
Produción
A produción destes pastos é bastante alta, con frecuencia de entre 2000 e 3500 kg de materia seca por hectárea e ano. A pesar disto, non están moi alindados, xa que tanto a súa palatabilidade coma a súa calidade nutritiva son baixas por mor da súa dureza, o seu elevado contido en materia seca e fibra e a súa baixa dixestibilidade.
Así só poderían fornecer coma máximo unhas 1000 ou 1800 U.F. e 90 ou 150 kg de PD por hectárea e ano.
Valor pastícola
Pasto de má calidade e pouco valor nutritivo, característico de solos acedos. O valor pastoral destes herbais é mediocre, pola súa escasa diversidade e pola baixa calidade individual das especies que o constitúen.
Aproveitamento
O aproveitamento realízase a dente, polo gando vacún ou cabalar e menos polo ovino.
Faise un pastoreo cedo e intenso para controlar a herba das brañas e as dexeccións dos animais favorecen o espallamento das especies de maior calidade. O despunte por mor do pastoreo temperán provoca o regromo da herba das brañas e reduce a súa dureza.
Unha volta mellorado poden ser interesantes outro tipo de melloras coma fertilizacións calcarias ou fosfóricas.
Gado consumidor
Non apetecido polo gado ovino mais o vacún atúrao ben comendo unicamente os gomos tenros. O cabalr, pouco esixente na calidade do pasto, consome ben a herba das brañas e contribúe á calidade do pasto aínda que pode considerar problemas de plastificado do solo. O ovino non é o máis indicado para aproveitar estes herbais, xa que, a humidade do solo favorece a aparición da paroniquia ou uñeiro (infección supurante localizada entre a uña do pezuño e a carne na ovella e na cabra, causada por Dichelobacter nodosus e algunha outra bacteria, e que provoca a coxeira do animal. [2]).
Observacións
Esta especie pódese asociar con outras coma o trevo alpino (Trifolium alpinum), Campanula herminii, Phleum alpinum, a solda (Potentilla erecta), as chantaxes (Plantago) ou Thalackeri para formar os herbais, que son pastos dentro da clase Nardetea strictae.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.