Nagoia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nagoia (en xaponés 名古屋市, なごやし, Nagoya-shi) é unha cidade e porto do Xapón, centro da terceira aglomeración do país tras Toquio e Osaka, capital da prefectura de Aichi. En setembro de 2012, a cidade tiña unha poboación duns 2.266.693 habitantes, cunha densidade de 6.940 habitantes / km² nunha área de 326 km².
名古屋市 (ja) | |||||
Himno | Nagoya City Anthem (en) (28 de febreiro de 1910) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Lillium (flor) Alcanforeira (árbore) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Aichi | ||||
Capital de | |||||
Capital | Naka-ku (en) | ||||
Contén a división administrativa | Atsuta-ku (pt) Chikusa-ku (pt) Higashi-ku (en) Kita-ku (en) Meitō-ku (pt) Midori-ku (pt) Minami-ku (en) Minato-ku (pt) Mizuho-ku (pt) Moriyama-ku (pt) Naka-ku (en) Nakagawa-ku (pt) Nakamura-ku (pt) Nishi-ku (en) Shōwa-ku (pt) Tempaku-ku (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.326.844 (2021) (7.128,16 hab./km²) | ||||
Adeallo | 中京 | ||||
Lingua usada | Nagoya dialect (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 326,43 km² | ||||
Bañado por | Ise Bay (en) , Porto de Nagoia (pt) , Shōnai River (en) , Tenpaku River (en) e Nikkō River (en) | ||||
Punto máis alto | Mount Togoku (en) (198,29 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Q106884185 , Atsuta (en) , Ōsu (en) , Yobitsugi (en) , Aichi (en) , Chikusa (en) , Yawata (en) , Ōsu (en) , Kasadera (en) , Arako (en) , Naka (en) , Tokiwa (en) , Higashiyama (en) , Gokiso (en) , Biwajima (en) , Shimizu (en) , Sugi (en) , Rokugō (en) , Kinjō (en) , Tenpaku (en) , Shōnai (en) , Shimonoisshiki (en) , Shōnai (en) , Shimonoisshiki (en) , Hagino (en) , Itaka (en) , Tenpaku (en) , Nan'yo (en) , Tomida (en) , Yamada (en) , Kusunoki (en) , Moriyama (en) , Narumi (en) , Ōdaka (en) , Arimatsu (en) e Q106884183 | ||||
Creación | 1 de outubro de 1889 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Nagoya City Hall (en) | ||||
• Alcalde | Takashi Kawamura (en) (2009–) | ||||
Órgano lexislativo | Nagoya City Council (en) , (Escano: 75) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 460-8508 | ||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nagoya (mul) | ||||
Prefixo telefónico | 52 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Pune Os Ánxeles (1959–) Cidade de México (1978–) Nanjing (1978–) Sydney (1980–) Toyota (1986–) Turín (2005–) Callao (2009–) Rikuzentakata (2014–) Reims (2017–) Taichung (pt) (2018–) Tashkent (2019–) | ||||
Páxina web | city.nagoya.jp | ||||
Situada no fondo da Baía de Ise, que se abre ao Pacífico, no centro da Illa de Honshu, goza desa posición estratéxica entre as dúas grandes megalópoles xaponesas, a de Tokyo ao nordeste e a de Osaka ao suroeste.
Ten a súa orixe na construción dun castelo en 1610 polo poderoso clan dos Tokugawa cando estabeleceron o réxime do terceiro shogunato no Xapón.
A cidade moderna coñecida como Nagoia (ás veces transcrito Nagoya) foi fundada oficialmente o 1 de outubro de 1889, após o período Edo. Nesas datas entre a restauración Meiji e o paso ao Xapón Imperial desenvólvese en Nagoia a porcelana de Kawana e conéctase a cidade coa rede de ferrocarril. Antes da IIGM convértese nun foco industrial produtor de automóbiles, e no transcurso da guerra, en 1945 foi completamente destruída.
En 2005 foi sede da Exposición Universal de Aichi en terreos ao nordés da cidade.
Economía
Nagoia é o centro da Gran Nagoia, que representou case o 70% do superávit comercial do Xapón a principios deste século.
A principal industria é a do automóbil. A marca Lexus de Toyota, unha división de I+D de Mitsubishi Motors e moitos provedores como Denso, Aisin Seiki Co. Magna, PPG ou JTEKT teñen a súa sede en Nagoia ou nos suburbios.
Outras empresas importantes son NGK, Nippon SHARYO (fabricante dos trens bala eléctricos Shinkansen e Hoshizaki), Marukawa (alimenticia) e tamén unha considerable industria aeroespacial (Boeing, Pratt & Whitney, Bodycote, Kawasaki Hi, Spirit AeroSystems e Fuji Heavy Industries). A produción de robots é outra industria en rápido desenvolvemento. Ademais a robótica, a industria de enxeñaría de materiais tamén se está a desenvolver nesta área.
Noritake é unha empresa de cerámica, produción típica da zona desde o perído Edo. Os monicreques mecanizados, chamados "Karakuri Ningyo", son outra artesanía tradicional.
División administrativa
O concello de Nagoya divídese en 16 barrios (ku 区):
- Atsuta-ku (熱田区, あつたく)
- Chikusa-ku (千種区, ちくさく)
- Higaxi-ku (東区, ひがしく)
- Quita-ku (北区, きたく)
- Meitou-ku (名東区, めいとうく)
- Midori-ku (緑区, みどりく)
- Minami-ku (南区, みなみく)
- Minato-ku (港区, みなとく)
- Mizugho-ku (瑞穂区, みずほく)
- Moriiama-ku (守山区, もりやまく)
- Naka-ku (中区, なかく)
- Nakagawa-ku (中川区, なかがわく)
- Nakamura-ku (中村区, なかむらく)
- Nixi-ku (西区, にしく)
- Xouwa-ku (昭和区, しょうわく)
- Tenpaku-ku (天白区, てんぱくく)
Universidades
- Universidade de Nagoya (名古屋大学)
- Instituto de technoloxía de Nagoya (名古屋工業大学)
- Universidade da prefectura de Aichi (愛知県立大学)
- Universidade da cidade de Nagoya (名古屋市立大学)
- Universidade de Nanzan (南山大学)
Cidades irmandadas
- Os Ánxeles (1959)
- Cidade de México (1978)
- Sidney (1980)
- Turín (2005)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio web oficial da cidade de Nagoia (en xaponés).
- Sitio web oficial da cidade de Nagoia (en castelán).
- Sitio web oficial da cidade de Nagoia (en portugués).
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.