Muxía
concello da comarca de Fisterra, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Fisterra, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Muxía | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.450 (2023) (36,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 122,1 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Javier Sar (2024–) | ||||
Eleccións municipais en Muxía | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15124 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15052 | ||||
Páxina web | concellomuxia.com |
Censo total 2014 | 5.068 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 487 (9.61 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.079 (60.75 %) |
Maiores de 65 anos | 1.502 (29.64 %) |
Evolución da poboación de Muxía Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.542 | 7.296 | 7.612 | 7.080 | 5.899 | 5.424 | 5.269 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.
Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.