Museos Capitolinos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Museos Capitolinosmap

Os Museos Capitolinos (en italiano: Musei Capitolini) é un museo que contén un grupo de museos de arte e arqueoloxía situado na Piazza del Campidoglio, sobre o outeiro Capitolino de Roma, Italia. Os edificios históricos dos museos son o Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nuovo, un fronte ó outro na praza trapecial nun plan concibido por Michelangelo en 1536 e executado nun período de máis de 400 anos. A historia dos museos remóntase a 1471, cando o papa Sisto IV doou unha colección de importantes bronces antigos ó pobo de Roma e os situou no monte Capitolino. Dende entón, a colección dos museos medrou até incluír un gran número de estatuas romanas, inscricións e outros utensilios; unha colección de arte medieval e do Renacemento; e coleccións de xemas, moedas e outros obxectos. Os museos son propiedade do concello de Roma.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Museos Capitolinos
Thumb

Tipomuseo de arte, museo arqueolóxico, museo e museo dunha entidade pública
Parte deSistema de museos de Roma Capitale
Instalaciónsgardarroupa, cafetaría, libraría, edificio de arquivo, arquivo fotográfico, biblioteca e obradoiro de restauración
Localización
Thumb
 41°53′35″N 12°28′58″L
PaísItalia
RexiónLazio
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Roma Capital
Cidade fronteirizaRoma
RúaPraza do Campidoglio
Código postal00186
EnderezoPiazza del Campidoglio, 1 - Roma, Piazza del Campidoglio 1, 00186 Roma e Piazza Del Campidoglio 1, Roma
Visitas
Prezo de acceso11,5 €
Días abertostodos os días da semana, 24 de decembro e 31 de decembro
Días pechados1 de xaneiro, 1 de maio e 25 de decembro
Accesibilidade en cadeira de rodasaccesíbel con cadeira de rodas
Datas
Fundación1471
Inauguración1734
Dimensións
Superficie14.156 m² e 14.027 m²
Persoas e organizacións
Fundador/aSisto IV
Arquitecto/aMichelangelo
Visitantes anuais452.232, 516.420, 140.311, 450.095, 445.106, 191.739 e 411.217
Cadro de persoal48, 54, 42, 44 e 40
Patrimonio cultural
Ben cultural de Italia
Contacto
Páxina WEBmuseicapitolini.org
Teléfono+39 060608 e +39-06-6710-3887
Redes
[ Wikidata ]
Pechar

A estatua ecuestre do centro da praza é do emperador Marco Aurelio. É unha copia, xa que a orixinal se atopa no interior do museo.

Abertos ó público en 1734 baixo o goberno do papa Clemente XII, os museos Capitolinos están considerados o primeiro museo do mundo, entendidos como un lugar onde a arte pode ser desfrutada por todos e non só polos seus donos.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.