Xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Mus é un xénero de roedores miomorfos da familia Muridae que inclúe a maioría dos roedores chamados comunmente ratos, aínda que o nome rato ten un significado máis amplo e utilízase tamén para especies que pertencen a outros xéneros (como Apodemus). En Galicia viven dúas especies deste xénero: o rato doméstico (Mus misculus) e o rato mouro (Mus spretus).
Os fósiles máis antigos atribuídos a este xénero datan do Mioceno superior de Asia e África.[1]
A especie máis común e coñecida é o rato doméstico ou caseiro (Mus musculus), o segundo mamífero máis estendido do planeta tralo ser humano. Vive normalmente como comensal nas casas humanas. O rato de laboratorio é unha variedade desta especie, que é un organismo modelo moi utilizado, xa que é fácil de alimentar, ocupa pouco sitio, reprodúcese con rapidez e é un mamífero, polo que moitos dos resultados dos experimentos feitos con el son extrapolables aos humanos. O rato doméstico foi unha das primeiras especies ás que se secuenciou o xenoma e unha das poucas que viaxou ao espazo exterior.[2]. Na natureza as especies deste xénero son presa de varios mamíferos carnívoros, aves de presa diúrnas e nocturnas, lagartos, serpes, e outros animais, e o home utiliza trampas, velenos e animais como os gatos para controlalos. Todo isto fai que a vida dun rato caseiro rara vez exceda os tres meses de duración, aínda que en catividade poden chegar aos dous anos.
Na natureza, a maioría das especies de Mus son herbívoras, consomen todo tipo de froitas ou grans das plantas. Debido a isto, os ratos adáptanse ben ás zonas urbanas e poden comer todo tipo de restos de comida. En catividade, os ratos son alimentados con dieta comercial en pílulas para ratos. Os ratos poden ser pragas para as colleitas.
Existen 38 especies do xénero Mus en catro subxéneros:[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.