Atol Mururoa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mururoa, tamén chamado Moruroa, é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Tureia, pero foi cedido pola Asemblea Territorial ao Centro de Experimentación do Pacífico, xunto co atol Fangataufa, para facer probas nucleares. É unha zona militar con acceso prohibido sen autorización. Está situado ao sur do arquipélago, a 1.250 km ao sueste de Tahití.
Moruroa (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Tureia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 0 (2017) (0 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 15 km² | ||||
Medición | 11 () × 28 () km | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
O atol ten unha forma ovalada de 28 km de longo e 11 km de ancho. Ten un paso á lagoa interior ao noroeste, de 10,2 metros de profundidade e 100 metros de ancho. A lagoa ten unha profundidade media de 37 metros. Dispón de varios edificios e construcións militares, ademais dun aeroporto. Está habitado por unha unidade militar de vixilancia.
O nome Moruroa, na lingua de Mangareva, quere dicir "illa do gran segredo". Normalmente escríbese Mururoa, pero non existe unha grafía oficial ao non ter unha organización administrativa. O atol foi descuberto en 1767 polo inglés Philip Carteret, que a chamou Osnaburg. En 1792 naufragou o baleeiro Matilda e os sobreviventes conseguiron chegar ata Tahití coas barcas de salvamento; por iso tamén se coñeceu como Matilda's Rock.
Desde 1966 ata 1974 fixéronse 41 probas nucleares atmosféricas e, ata 1995, 137 probas subterráneas. A última campaña de ensaios, antes da firma do tratado de prohibición total de ensaios nucleares, provocou unha serie de protestas internacionais e de boicots, sobre todo de países do Pacífico e de organizacións internacionais, como Greenpeace. Os ensaios foron abandonados definitivamente en 1996, substituídos por simulacións en laboratorio. Hoxe a armada francesa ten un dispositivo de vixilancia da evolución xeolóxica e radiolóxica do atol.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.